InicioMOV. SOCIAISQue pasa cas medidas anunciadas polo Sergas para garantir a seguridade dos...

Que pasa cas medidas anunciadas polo Sergas para garantir a seguridade dos sanitarios?

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Xunta de Persoal da área sanitaria de A Coruña e Cee volve á actualidade para denunciar que “tras máis de 50 días dende a agresión moi grave acontecida no servizo de urxencias do HUAC a un enfermeiro e a persoal de seguridade, a Xerencia continúa sen adoptar ningunha medida preventiva” para garantir a seguridade do colectivo sanitario.

Tanto a Consellería de Sanidade como a Xerencia da Coruña anunciaron en varias notas de prensa e a través dos medios de comunicación unha serie de supostas medidas que, lembran, “a día de hoxe non foron implantadas, nin avaliadas e que son totalmente insuficientes á hora de previr que acontezan estes sucesos”.

A Xunta lamenta que as propostas enviadas polas persoas traballadoras do servizo de urxencia á Xerencia da Área Sanitaria para “evitar os riscos”, “non foron escoitadas, nin valoradas, nin obtiveron ningún tipo de resposta, salvo o silencio e a indiferencia”. 

A Comisión de Centro do CHUAC afirma que “pese a solicitar reunións coa Xerencia para tratar de desbloquear a situación e negociar as medidas preventivas que permitan traballar nunhas condicións de traballo dignas pero sobre todo seguras, tampouco obtivo resposta, vulnerando así ó órgano de representación das/os traballadoras/es desta área sanitaria e por conseguinte desprezando ao conxunto de traballadoras/es”.

“Esta parálise na toma de decisións non pode continuar por máis tempo, urxen medidas de prevención e protocolos de actuación”, sinalan. “É necesario dotar de áreas de atención adecuadas e do persoal suficiente, xa que a falta de medidas non é só en urxencias senón que é extensible ás áreas de hospitalización dos hospitais e aos centros de atención primaria, onde esta xerencia xa normalizou as agresións e deixa as/os profesionais sen medios e sen medidas para desenvolver a súa actividade diaria”.

Nova Concentración

A Xunta de Persoal convoca para o venres 27 de marzo ás 12 h unha manifestación no CHUAC e concentracións nas portas de todos os centros de saúde da área sanitaria, así como unha concentración no Hospital Virxe da Xunqueira.

Máis novas do conflito

As/os traballadoras/es do CHUAC volveron manifestarse “Por un entorno seguro no traballo”

A xunta de persoal do Chuac solicita ante Sanidade o cesamento do xerente tras “anos” denunciando “falta de seguridade”

Sanitarios volven pedir medidas “inmediatas” contra as agresións: “Queremos traballar en condicións de seguridade”

“O Xerente da Área Sanitaria non sabe falar c@s traballador@s”

ÚLTIMAS

Buscan a un home que caeu ao mar na contorna da Torre de Hércules

Os servizos de emerxencia manteñen activo o dispositivo de procura dun home que caeu...

O Galicia Fórum Gastronómico destaca a excelencia da cociña galega na súa décima edición

A décima edición do Galicia Fórum Gastronómico abriu este domingo as súas portas na...

Xulgan un home por tentativa de asasinato a dúas persoas nun bar dos Mallos

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará este xoves 27 de marzo o xuízo contra...

Un incendio nunha cociña en Culleredo obriga a evacuar un home por inhalación de fume

Un home tivo que ser evacuado ao hospital na noite deste sábado tras resultar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here