InicioSOCIEDADEFin ao conflito laboral dos Bombeiros provinciais coa sinatura do convenio colectivo

Fin ao conflito laboral dos Bombeiros provinciais coa sinatura do convenio colectivo

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Case dous anos despois do comezo da folga en xuño de 2023, ano e medio despois das principais manifestacións e case un ano despois do acordo inicial, esta mañá vense de asinar o primeiro convenio colectivo para o persoal operativo dos parques provinciais de bombeiros, así como a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), que define as funcións específicas de todos os postos e o novo organigrama.

Así o aprobaba hoxe o pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña, integrado pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, e será aplicado desde o día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Consorcio CCIA CORUNA - PLENO CONVENIO
Imaxe do pleno do Consorcio

Os grandes beneficiados, ademais de toda a cidadanía, son os bombeiros que prestan os seus servizos nos dez parques provinciais da provincia: Carballo, Arteixo, Ordes, Arzúa, As Pontes, Betanzos, Boiro, Ribeira, Cee e Santa Comba.

O convenio recolle melloras salariais en todas as categorías profesionais, quedando a estrutura retributiva do persoal acollido ao mesmo á estrutura do persoal funcionario e a regulación das horas extraordinarias. Tamén se establece un incremento dos efectivos dos parques comarcais, así como melloras sociais para os bombeiros, así como medidas para favorecer a conciliación familiar e a formación continua dos profesionais das emerxencias na provincia coruñesa.

Segundo o Consorcio as melloras salariais “supoñen un incremento de máis de 8.100 euros anuais na categoría de bombeiro e un aumento de plantilla de preto de 80 efectivos”, que se sumarán aos 174 existentes actualmente na provincia.

“É un momento importante, que pon fin a un conflicto longo e que se suma a feitos que todavía son máis importantes e que convén lembrar: estes bombeiros formaban parte de empresas privadas ata hai poucos anos. Conseguimos que pasaran a ser persoal público de forma interina e agora son fixos da administración pública”, explicou Formoso, que defendeu que “os traballadores de servizos fundamentais como as emerxencias formen parte dun sistema público e non privatizado”.

Máis novas do conflito

O Consorcio Provincial da Coruña acorda por fin recoñecer a todos os Bombeiros da provincia como persoal laboral fixo

Máis de 300 Bombeiros maniféstanse na Coruña ante unha enorme despregadura policial

ÚLTIMAS

‘Sericum’ tende unha ponte de seda entre culturas, soños e emocións no Teatro Colón

As noites do 18 e 19 de xuño, o Teatro Colón da Coruña transformouse nun escenario...

A Garda Civil rescata un ancián desorientado e sen medicación durante varios días en Paiosaco

Unha patrulla conxunta da Garda Civil da Laracha e Carballo rescatou este domingo, 23...

Persoal do Chuac denuncia o peche de máis de 200 camas no verán

A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) denunciou "o peche este verán...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here