InicioA CORUÑAAsí afronta o Sergas as agresións a sanitarios: "Cursos de protección persoal"...

Así afronta o Sergas as agresións a sanitarios: “Cursos de protección persoal” impartidos pola Policía

Publicada o

Por editor

“Afrontamento de conductas desafiantes. Manexo de situacións” ou “Defensa persoal para profesionais sanitarios”. Son cursiños cos que o SERGAS pretende resolver parte do gran problema que existe nos hospitais públicos cos pacientes potencialmente perigosos e que deu lugar xa a agresións graves a profesionais, como a acontecida esta semana.

É o primeiro “plan de choque” posto en marcha pola Xunta que nin gusta, nin convence, aos profesionais sanitarios. Eses cursos, ademais, están impartidos por policías e non por persoal sanitario especializado. “É como cando eras pequeno que che din que ti non malles en ninguén, pero se che dan a ti, arreas”, aseguran sanitarios consultados por Xornal da Coruña.

Algúns destes cursos foron xa impartidos este venres no CHUAC. Nos cursiño expúxose o manexo das situacións conflitivas na contorna sanitaria, con consellos para evitar agresións, así como técnicas e ferramentas de comunicación preventiva para os profesionais do sector. Unha primeira parte da exposición foi sobre a coordinación das  actuacións relacionadas con calquera manifestación de violencia ou intimidación a persoal sanitario, sendo a canle de comunicación cos responsables dos centros sanitarios e dos departamentos de seguridade, a figura deste Interlocutor Policial Sanitario.

A segunda parte centrouse na ciberdelincuencia e as medidas preventivas para o sector sanitario, prevención das fraudes máis habituais, así como na xestión de privacidade para evitar estas fraudes. Doutra banda, deuse a coñecer a aplicación de Seguridade Cidadá para dispositivos móbiles Alertcops, para que os profesionais do Sector sanitario poidan facer uso dela, se o desexan, ante calquera manifestación de violencia no exercicio da súa actividade no hospital.

CRÍTICAS

“Isto é formación complementaria, pero non axuda e ademais non están dadas por personal específico do Sergas”, queixase Lucía Peón, presidenta da Xunta de Persoal do Chuac. “Están ben pero o que precisamos son protocolos claros de actuación e como actuar ante situacións de violencia”, sinala en declaracións ao Xornal da Coruña.

De feito, o SERGAS, a pesar dos numerosos casos de agresións a profesionais, a última o acoitelamento dun enfermeiro, aprobaron un protocolo de actuación para pacientes potencialmente agresivos pero só para Urxencias. Un protocolo que, ademais, foi botado abaixo pola Inspección de Traballo.

“O que pedimos é que haxa protocolos claros e en todas as áreas, non só en Urxencias”, di Peón que acusa ao Sergas de evitar esta cuestión nas xuntanzans coa xunta de persoal e de “escorregar o bulto” coa organización destes cursiños. “Nós insistimos nas nosas peticións que aínda non se cumplen; protocolos e formación específica, pero por parte do Sergas non hai nada. Só hai titulares de prensa“, denuncia.

Máis novas

Agresión a unha auxiliar de enfermaría en Urxencias do Chuac

Os sanitarios do CHUAC e dos Centros de Saúde volveron á rua para esixir medidas pola seguridade no traballo

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Cambre dimite despois dun ano á fronte do consistorio

A alcaldesa de Cambre, María Pan, de Unión por Cambre, anunciou a súa renuncia...

Concentracións da CIG en Atento para protestar pola deslocalización dos centros de chamadas

Representantes da CIG secundaron senllas concentracións este martes, na Coruña, para denunciar a "política...

Traballadoras de residencias privadas realizarán protestas na Coruña antes da folga do 10 e 22 de abril

As traballadoras das residencias privadas de maiores intensificaron este martes as protestas na Coruña...

A lusofonía une a poesía africana de Ondjaki coa galega de Sechu Sende

Luns poético o que viviu a cidade onte, pola mañá no IES Rafael Dieste,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here