InicioSOCIEDADEComeza a funcionar a sociedade xestora da Cidade das TIC na Coruña

Comeza a funcionar a sociedade xestora da Cidade das TIC na Coruña

Publicada o

Por monchomarino

A sociedade xestora da Cidade das TIC comezou a funcionar ao constituírse este xoves coa celebración da primeira sesión ordinaria do seu consello de administración.

Foi nun acto no que participaron a alcaldesa, Inés Rey, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, “e que abre camiño á folla de ruta exposta polo Concello e a Universidade da Coruña”.

“Co obxectivo de dinamizar e impulsar o polo tecnolóxico de Pedralonga”, expón o consistorio coruñés nun comunicado tras unha sesión que tivo lugar na Sala Cluster TIC do Centro de Servizos Avanzados.

O mesmo permitiu concretar a organigrama que encabezará o consello de administración nesta primeira etapa. Será o reitor da UDC, Ricardo Cao, quen ostentará a presidencia ata finais de ano xa que a comezos de 2026 collerá a testemuña a alcaldesa herculina.

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos...

“Son o noso alumnado, os nosos fillos”, profesorado de Ferrol mostra o seu apoio a un alumno ferido nas protestas na Coruña

O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here