InicioA CORUÑAPiden crear un novo e consensuado documento que sirva de Bases para...

Piden crear un novo e consensuado documento que sirva de Bases para o plan Coruña Marítima

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Unha vez rematados os , con baixa participación, os talleres temáticos sobre o Plan Coruña Marítima, e despois de ver as alegacións que presentaron conxuntamente 40 entidades da cidade, volve a Plataforma Defensa do Común enviar un petición importante, propoñendo convocar un últiimo taller para redactar un novo e consensuado documento de Bases do proxecto.

Porque a realidade é que o discurso dos representantes municipais en canto á débeda da Autoridade Portuaria e á venda de terreos para a construción de vivendas contradi o exposto no Master Plan. “As manifestacións orais do goberno local nos talleres, de non desafectación dos terreos e de superación dos convenios do 2004 son contraditorias coa literalidade do documento de Bases Estratéxicas, onde, reiteradamente se aposta pola desafectación e se declara a vixencia dos convenios do 2004, polo que se o goberno local mantén a palabra dada, dito documento de Bases debe ser corrixido e reformulado, tal como figura no escrito de alegación de Defensa do Común e 40 entidades”, explican.

A esixencia da condonación da débeda inclúese tamén na alegación conxunta, e deixan claro que “en ningún caso, a débeda e o seu pago pode sobredeterminar o futuro do porto interior e moito menos server como fraudulenta xustificación para a privatización do dominio público portuario”.

Ademais de esixir que se compatibilicen os usos públicos cos portuarios, a entidade incide na contradición sinalada no documento de trasladar o uso pesqueiro dos peiraos de Linares Rivas, Palloza, Leste e 3ª liña de San Diego (en total unhas 20 has.) ao peirao petroleiro por canto suporía unha considerable reducción de superficie. Entenden que “calquera modificación da delimitación do plan de usos debe estar precedida do Plan Estratéxico 2024-2027 (cuxa redacción foi adxudicada o pasado mes) debendo contar para ilo coa imprescindible participación social e transparencia”.

Por todo isto, Defensa do Común solicita de Coruña Marítima e das administracións e entidades públicas que o conforman que “aproveiten o taller final anunciado por Fernández Prado para anunciar o arquivo do documento de Bases, ao igual que o concurso anunciado para proceder a unha nova redacción coa transparencia e participación necesaria proceder a unha nova redacción unha vez aprobado o plan estratéxico do porto no que se fixen as necesidades e proxeccións do porto interior, sen prexuizo da revisión do Protocolo de intencións de maio de 2024”.

Máis novas

Piden arquivar as Bases Estratéxicas de Coruña Marítima: “Son unha volta a 2004”

Baixa, pero insistente, participación veciñal no primeiro taller temático sobre Coruña Marítima

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

ÚLTIMAS

Alternativa dos Veciños propón constituír unha comisión xestora en Cambre ante a dimisión da alcaldesa

Alternativa dos Veciños propuxo constituír unha comisión xestora en Cambre ante a dimisión da...

A Coruña levará a pleno o orzamento de 2025 tras rexeitar as alegacións da oposición por non adaptarse aos requisitos

O goberno local da Coruña levará a pleno nos próximos días o orzamento para 2025, que...

O BNG presentou a súa campaña de mobilidade

Mentres a cidade debate publicamente o futuro do transporte urbano nos Encontros Participativos polos...

O Fumega Festa lanza o seu cartel

O festival Fumega Fest acaba de dar a coñecer o seu cartel para a súa primeira...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here