InicioSOCIEDADEO persoal do concesionario de Volkswagen Yáñez vai á folga

O persoal do concesionario de Volkswagen Yáñez vai á folga

Publicada o

Por editor

O cadro de persoal do grupo Yáñez secundou unas mobilizacións este martes ante a “insostible situación laboral que afecta aos centros de traballo” que a empresa ten en Ferrol, Coruña e Compostela. As mobilizacións coincidiron coa primeira xornada de folga convocada pola CIG para exixir respostas ás demandas de información do persoal sobre o seu futuro.

No concesionario de Volskwagen da Grela, os traballadores sacaron á rúa un cadaleito deixando entrever que estamos ante a morte da marca, e denunciando que tanto clientes como traballadores “estamos esqeucidos”.

Segundo explicou o delegado da CIG na carrocería da Coruña, Jesús Rodríguez, a crise agravouse nos últimos meses con “atrasos salariais, condicións laborais precarias e unha grave falta de subministros que impide ao persoal desempeñar as súas funcións”.

O cadro de persoal, composto por aproximadamente 120 traballadores e traballadoras leva desde setembro de 2024 reclamando á empresa o pagamento puntual dos salarios, que se realizaba fóra dos prazos establecidos no convenio laboral, con datas incertas, o que obrigaba ao persoal a contactar constantemente coa dirección.

Ademais, a falta de pezas e materiais (pintura ou recambios) é outro problema crítico, que imposibilita a reparación de vehículos e a atención aos clientes. Unha carencia que tamén afecta aos departamentos de vendas e recepción, que non dispoñen de coches en exposición nin poden xestionar adecuadamente as demandas.

Preconcurso de acredores

Actualmente, a empresa atópase nun preconcurso de acredores, cun prazo que remata o 8 de xuño de 2025, segundo a última información trasladada. Así as cousas, o único que sabe o persoal é que “todo segue igual” sen propostas concretas, xa que a desaparición do director xerente, único interlocutor co persoal, provocaron unha grave falta de comunicación que deixaron ao persoal nun “limbo informativo”.

A chegada dun administrador concursal, sen previo aviso, confirmou a gravidade da crise, que a CIG vincula a malas decisións de investimento. “A nós cando nos mercaron, en 2019, (en referencia á adquisición do centro da Coruña) había un proxecto ilusionante e así se nos trasladou nas xuntanzas que mantivemos coa dirección da empresa e fomos avanzando”, indica Rodríguez.

Ante esta situación, a CIG exixe que a dirección ou o administrador concursal presenten solucións urxentes para reverter a situación, xa sexa mediante un plan de viabilidade ou, de ser necesario, unha resolución ordenada do posible peche. Entre as poucas propostas recibidas, mencionouse unha posible redución do 50% do cadro de persoal, o que consideran inaceptable sen un diálogo previo.

 

Máis novas

As traballadoras de Padre Rubinos tamén esixen un convenio digno

ÚLTIMAS

Veterinarias de todo o país volveron manifestarse en contra do Real Decreto 666

Volveron saír á rúa este sábado 7 de xuño as responsables das clínicas Veterinarias...

Xulgan a un home por denigrar con comentarios racistas a usuarios dun centro deportivo en Oleiros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o día 10 un xuízo...

A UDC destaca o apoio do pleno a Medicina: “Reforza a vontade de traballar na proposta”

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, mostrouse "moi satisfeito" polo apoio "unánime"...

Arrinca o Festival Mar de Mares: estas son todas as súas actividades

A duodécima edición do Festival Mar de Mares, que se celebrará ata o 15 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here