InicioSOCIEDADEAs traballadoras de Padre Rubinos tamén esixen un convenio digno

As traballadoras de Padre Rubinos tamén esixen un convenio digno

Publicada o

Por editor

As traballadoras das residencias privadas de todo o país están secundando este martes a segunda das catro xornadas de folga convocadas pola CIG en demanda dun convenio colectivo digno e salarios xustos. Na cidade, a pesar dos servizos mínimos “abusivos”, fixérono cun parón ao mediodía, as profesionais da residencia de Padre Rubinos, así como as da residencia domusVi de Arteixo.

Traballadoras da residencia de Arteixo
Traballadoras da residencia de Arteixo

Durante as concentracións, denuncian unha marea de problemáticas que afectan ás traballadoras: “sobrecarga de traballo, asunción de tarefas que non corresponden, falta de tempo suficiente para atender as persoas usuarias, salarios de miseria e unhas ratios obsoletas”.

O secretario de Negociación Colectiva da CIG-Servizos, Adolfo Naya, facía unha valoración moi positiva da participación nesta xornada de folga “tendo en conta as dificultades que existen polos abusivos servizos mínimos”. A este respecto, avanzou que o sindicato está valorando denunciar a varias empresas do sector que comunicaron os servizos mínimos con posterioridade ao inicio da folga ao entender “que isto constitúe unha vulneración do dereito á folga e non o imos consentir”.

Reiterou as críticas á falta de vontade negociadora da patronal, que mantén paralizadas as negociacións dende o pasado mes de outubro, condenando así o persoal a seguir perdendo poder adquisitivo e a unhas táboas salariais que, nas categorías máis baixas, xa quedaron por debaixo do SMI.

As traballadoras acodirán á manifestación nacional convocada para este sábado, 26 de abril, con saída ás 11h da Alameda de Santiago de Compostela.

 

Máis novas

Traballadoras de residencias privadas realizarán protestas na Coruña antes da folga do 10 e 22 de abril

As traballadoras das residencias privadas reclaman mellores condicións para poder dar unha atención de calidade

Os maiores de Arteixo mobilizáronse pola situación de urxencia dos SAF

Persoal das auxiliares de Inditex mobilízase por unhas condicións salariais dignas

ÚLTIMAS

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...

Unha liorta cunha orella amputada en Culleredo acaba con tres persoas detidas

Garda Civil e Policía local do municipio coruñés de Culleredo, en colaboración coa Ertzaintza,...

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here