InicioCULTURAOs IES Isaac Díaz Pardo, IES Puga Ramón e IES Rafael Dieste...

Os IES Isaac Díaz Pardo, IES Puga Ramón e IES Rafael Dieste levaron os Premios Imaxina

Publicada o

Por editor

Completa xornada de promoción da ciencia nos centros de ensino a vivida este sábado na Domus. A Feira Imaxina Coruña 2025 congregou este sábado a centos de persoas,  aproveitando a entrega dos Premios Imaxina.

Déronse conta dos 14 proxectos finalistas desenvoltos por 56 estudantes de oito centros educativos da cidade, todos eles baixo o lema ‘Auga limpa, futuro sostible’.

Os centros gañadores foron o IES Isaac Díaz Pardo, IES Puga Ramón e IES Rafael Dieste, que recibiron os seus premios antes do espectáculo científico de divulgación titulado ‘Explorando o cerebro’, a cargo de David Ballesteros, que obtivo unha excelente acollida.
O premio inclúe material dixital, 500€ para gasto en material de laboratorio e a viaxe ao País Vasco para participar na feira científica Zientzia Azoka que se desenvolve en Bilbao.

IES Rafael Dieste Coruna Imaxina
Entrega de premios dos Imaxina

O IES Rafael Dieste

“Amor de auga lixeira” é unha nova iniciativa cultural xurdida no seo do IES Rafael Dieste, responsable tamén do Aquí tamén se fala, que procura a reivindicación e recuperación das fontes tradicionais da cidade.

O proxecto, que envolve sete departamentos académicos do Instituto Rafael Dieste, baixo a coordinación da profesora Mónica Reixía, vén de gañar o galardón “Imaxina” en recoñecemento ao seu compromiso social.

Equipo IES Rafael Dieste Coruna Imaxina
Equipo do IES Rafael Dieste

O proxecto inclúe varias aristas: a análise da calidade das augas e o seu estudo de potabilidade, asi como a creación de contidos dixitais, a catalogación patrimonial ou elaboración de roteiros.

Coa participación de todo o alumnado de 3º da ESO, o xurado destacou o seu compromiso coa defensa da Arqueta dos Frades mantendo o seu espazo orixinal así como a posibilidade do seu uso, así como o conxunto do traballo desenvolvido que se publica na web: amordeaugalixeira.com e que continúa ampliando o seu repositoro.

IES Isaac Díaz Pardo

Os tres proxectos desenvolvidos polo alumnado do Club de ciencia do centro sadense, acadaron tres dos cinco premios que se outogaron.

  • O premio ao mellor vídeo para o proxecto “O río, noso veciño”
  • A mención especial ao proxecto “Inversión de futuro”
  • Premio á sostibilidade ao proxecto “Recuperando a auga perdida”.

 

Máis novas

O IES Rafael Puga Ramón e Agra do Orzán e os CPR Eirís e As Escravas gañan os premios Imaxina 2024

“O Dépor é da Coruña”, o novo reto normalizador do #Aquítaménsefala

Por que o #Aquítaménsefala trascende o IES Rafael Dieste

 

 

ÚLTIMAS

Mobilizados todos os efectivos na Coruña ante o apagón xeral

Os concellos en Galicia póñense en marcha para facer fronte á situación de emerxencia...

Os condenados polo crime de Samuel Luiz alegan falta de probas e reclaman rebaixa das penas ou absolución

Defensas do catro novos condenados pola agresión mortal a Samuel Luiz, na madrugada do...

A Audiencia de A Coruña xulga a muller por falsificar facturas na herdanza do seu avó

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o día 29 a unha muller por estafa...

Unha muller hospitalizada tras unha fuga de gas na Coruña

Unha muller tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ao sufrir...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here