InicioA CORUÑAComo compatibilizar o lecer nocturno co benestar da veciñanza da Coruña?

Como compatibilizar o lecer nocturno co benestar da veciñanza da Coruña?

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde a segunda reunión da mesa de traballo co sector hostaleiro e entidades veciñais coa finalidade de buscar puntos de encontro entre o sector e os veciños co obxectivo de mellorar a convivencia.

Tal e como se acordou na primeira reunión, o Concello presentou a proposta de campaña de sensibilización que se porá en marcha na cidade para incrementar a concienciación cidadá sobre o dereito ao descanso dos veciños e veciñas “xa que no que vai de ano recibíronse na Policía Local 230 chamadas relativas os ruídos xerados por locais de hostalaría ou na súa contorna“, informa o consistorio.

Pola súa banda, os hostaleiros e veciños presentaron as propostas que serán estudadas polo goberno municipal nas próximas semanas co obxectivo de avaliar a súa idoneidade e viabilidade. Neste sentido acordouse a constitución dunha mesa técnica para estudar a modificación da actual normativa.

A alcaldesa destacou o bo clima no que se están celebrando as reunións e a vontade de todas as partes de achegar posturas nun asunto, subliña o goberno local, “que preocupa tanto a veciños como a hostaleiros” e que motivou o encontro no Palacio Municipal de María Pita.

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos...

“Son o noso alumnado, os nosos fillos”, profesorado de Ferrol mostra o seu apoio a un alumno ferido nas protestas na Coruña

O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un...