InicioCULLEREDO5M€ para humanizar e homoxeneizar o paseo da Ría do Burgo

5M€ para humanizar e homoxeneizar o paseo da Ría do Burgo

Publicada o

Por editor

Despois de moitas demandas dos rexedores de Oleiros e Culleredo polo estado no que quedou o paseo durante as obras de rexeneración da ría do Burgo, parece que dende o goberno central tomaron nota e van tomar medidas. Esta pasada semana o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, anunciou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ten en marcha un proxecto integral de melloras na contorna da ría do Burgo por un valor de 5 millóns de euros.

Un dos paseos máis fermosos e accesibles da contorna, que une os dous lados da ponte pasaxe chegando ata o Temple, tecendo unha rede enre os concellos de Culleredo, Oleiros, Cambre e A Coruña, que será renovado e acondicionado de forma uniforme.

O delegado informou que o proxecto do Ministerio, elaborado polo Servizo Provincial de Costas, recolle diferentes actuacións en materia recuperación e conservación do tránsito peonil en todo o borde da ría. Deste xeito, abordarase a prolongación do paseo dende un dos extremos do recinto do concello de Oleiros para a súa conexión co de Cambre (453m), con melloras no muro do paseo de Culleredo, a construción e reparación de pavimentos da súa ría (3.200m), así como a substitución dos barrotes por elementos impermeables como un peitoril de granito “que permitan incrementos do nivel do mar sen risco algún para os viandantes”, engadiu o delegado.

Así mesmo, o Goberno ten prevista a prolongación do borde marítimo na zona da Pasaxe dotándoo de pavimento peonil e dun carril bici, similares aos executados no resto da ría (máis de 4km). Estas actuacións compleméntanse co proxecto de tratamento do borde do litoral no parque do Paraíso, no concello de Oleiros, cun orzamento de máis de medio millón de euros. “Trátase de levar a cabo un paseo de 3 metros de ancho pegado á ribeira do mar e co que se dará continuidade ao paseo xa executado facilitando a accesibilidade dos usuarios e usuarias”, engadiu o delegado.

Por último, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico construirá unha nova pasarela peonil en Santa Cruz, Oleiros. 

ÚLTIMAS

Xurxo Souto lanza “A novela do Bravú”

Sae do prelo esta semana, pero Xurxo Souto xa algunha data de presentación do...

Falece un pescador tras caer ao mar desde unha zona rochosa no Portiño

Un pescador faleceu esta tarde na cidade da Coruña despois de caer ao mar...

Máis de 150 personalidades da cultura herculina asinan un Manifesto “pola dignidade e as boas prácticas” na Fundación Luís Seoane

Unha gran parte do sector cultural coruñés e galego vén de asinar un documento...

En Vilo busca afianzar cunha campaña de micromecenazgo o museo musical da cidade

Se Alan Lomax vivise no século XXI estaría na Tobeira de Oza. O etnomusicólogo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here