InicioA CORUÑA"A xoia da cidade, a fachada marítima, como vai depender dunha débeda...

“A xoia da cidade, a fachada marítima, como vai depender dunha débeda entre administracións?”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“Ante a grande desinformación, e tendo en conta que só se percibe a versión oficial, cremos necesario facer estes encontros informativos veciñais para explicar o que está pasando co trascendental proxecto de transformación urbana da fachada marítima”. Así abría Manuel Monge, da voz da Plataforma Defensa do Común a charla informativa organizada onte na Biblioteca do Campo de Marte pola Asociación Veciñal Atochas, Monte Alto, A Torre.

Unha cita na que tamén participaron Benedicto Álvarez, como membro da Plataforma, e Xavi Mariñas, como membro do sector pesqueiro (é percebeiro e patrón maior da Confraría herculina), para debullar o escrito de alegacións conxuntas que presentaron 40 entidades no marco da ”farsa” do proceso participativo.

A “farsa” do proceso partipativo

Comezou o histórico Monge, que apuntou que Autoridade Portuaria rexeitou participar o evento, e lembrando que “isto é só o comezo dunha longa loita vai durar moitos anos e por iso cremos que temos que concienciar á cidadanía sobre a importancia deste proxecto”.
Denunciou o “pacto tácito entre PP e PSOE no que acordan unha serie de medidas, entre outras asumir o termos que pagar a débeda do Porto Exterior, e tratan de evitar abrirlle as portas as cidadanía”, e fixo un repaso ás queixas do errático proceso participativo. “Nos 5 talleres celebrados no Palexco, non se nos deu a posibilidade de expoñer a posición de 40 entidades que presentamos alegacións, só puidemos falar como público. E despois na presentacion pública do proceso participativo ao que non se nos permitiu entrar”, resumiu.

Tamén falaron do polémico Concurso que exclúe a profesionais da cidade. “Non estamos en contra do concurso”, sinalou Benedicto, pero sí das bases e o procedemento. Ao principio debería poder presentar todo o mundo. Pero aquí só para presentarse hai que ter unha esixencia tremenda de equipo disciplinar que exclúe os estudios locais. E despois falamos dun procedemento restrinxido, pero ao cuadrado. Escollen o mínimo de 5 proxectos, foron pola via máis restritiva”, criticaron pedindo máis apertura.

Antecedentes

Quixo poñer contexto Monge, sinalando que ”o documento de bases estratéxicas sitúanos de volta á ordenación de 2004, que incluía expresamente a venda de activos para obter beneficio económico municipal”. Benedicto lembrou tamén o Concurso realizado nese mesmo ano que gañou o famoso arquitecto Joan Busquets.

Lembrou que a cidadanía si gañou algunha batalla, como cando no PXOM de 2013 se conseguiron eliminar certas cousas como poñer a intención de poñer hoteis e centros comerciais, de ata 9 plantas, no mesmo espazo onde hoxe a Fundación Marta Ortega ten a concesión do centro de exposicións que ninguén cuestiona. “Hoxe ninguen dúbida que calvo Sotelo siga sendo público. Pero non pasa o mesmo co peirao de San Diego, onde se formula venda de terreos públicos para vivenda e para uso terciario, hoteis e demáis”, explica.

Outra batalla gañada foi en 2017, cando baixo o lema “A Coruña non se vende” a cidadanía comandada por máis de 70 entidades saía, co apoio do Concello, á rúa en contra do proceso de privatización do porto. De aí, de feito, saíra unha asemblea cívica no salón de plenos, na que se aprobara “unha consulta popular” sobre a débeda da A.P. que nunca se levou a cabo. ”Queremos que se repita ese exercicio real de participación”, sinalaron.

A débeda portuaria

Nese sentido foi firme Benedicto: “A xoia da cidade, o porto interior, a fachada marítima, como vai depender dunha débeda entre administracións?”, preguntouse criticando que durante todo este proceso de definición das bases estratéxicas ningunha administración quixera falar desa débeda, sobre a que ronda precisamente a parte máis importante da transformación: a venda de solo público para a construción de vivendas e mesmo de hoteis nos peirao de San Diego.

Puxo cifras Benedicto a esa débeda: “A Autoridade Portuaria debe pola obra do Porto Exterior 262 millóns, dos que 175 ao estado e o resto a un fondo de investimento. O lóxico é que o Estado asuma eses 175 asuma, pois se trata dunha infraestrutura. Xa pasou en Valencia, onde se condonaron 440 millons, cando nin sequera foron obras de interese público, senón que foi para a fórmula 1 e demáis cousas superfluas”, denunciou.

A importancia do proxecto

Fixo moito fincapé Benedicto na falta de interese social pola “maior transformación urbana da cidade en varios séculos, pola superficie e pola situación, no centro xeográfico e estratéxico”. Puxo sobre a mesa “a primeira gran contradición: hai moita información na prensa sobre o porto, pero non houbo por parte das administracións unha función explicativa do que supón a transformación do porto, que parte dun erro que arrastra ao resto: hai que transformar o porto, cando aquí temos un porto vivo, activo; e o que queremos é trasladar a unha esquina da cidade”.

Lembrou a necesidade de manter a superficie pesqueira, pero tamé de “crear un gran parque Urbano continuando os xardíns de Méndez Núñez”.

Analizaremos mañá a visión pesqueira do patrón maior máis novo de Galicia.

Máis novas de Coruña Marítima

Aproban definitivamente a licitación da redacción da plan da fachada marítima a pesar das críticas

Os requisitos do polémico proceso de licitación do Máster Plan Coruña Marítima que alonxa aos profesionais locais

Lembran que as bases estratéxicas do Plan Coruña Marítima volve omitir a titularidade dos terreos

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

Piden arquivar as Bases Estratéxicas de Coruña Marítima: “Son unha volta a 2004”

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

ÚLTIMAS

Absolto o mozo condenado a dez anos de cadea como cómplice do asasinato de Samuel Luiz

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) absolveu ao novo condenado a dez...

O TSXG confirma a legalidade da demolición de dous edificios na Coruña e Oleiros

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avala a legalidade de duas actuacións...

Desarticulan tres puntos negros de venda de droga nos Mallos

Pasa por ser un dos barrios máis conflitivos da cidade en materia de drogas....

As defensas de tres condenados polo crime de Samuel Luiz recorrerán as sentenzas

As defensas de tres do catro novos condenados pola Audiencia da Coruña polo crime...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here