InicioCULTURASendas lembranzas ás vítimas da represión da Folga Xeral de 1901 e...

Sendas lembranzas ás vítimas da represión da Folga Xeral de 1901 e a Moncho Reboiras

Publicada o

Por editor

Dous actos en clave de memoria terán lugar estes días. 

O primeiro, este domingo 1 de xuño, ás 12:30 horas, cando se realice a tradicional ofrenda floral no monolito que lembra, no Cemiterio de santo Amaro, na honra as vítimas da represión na Folga Xeral de 1901 na Coruña.

A convocante Federación Local Obreira da CGT da Coruña dará ademais, ao seu remate, outra ofrenda ante o conxunto escultórico situado na Avenida de Navarra en lembranza de toda as vítimas da represión franquista.

Recollemos a súa historia:

A CGT rende a súa homenaxe anual ás vítimas da represión ante a folga xeral de 1901

50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras 1975-2025

20250605 50 aniversario Reboiras - 1

Ademais, a Agra do Orzán vai vivir unha homenaxe polos 50 anos do asasinato de Moncho Reboiras. A Fundación Galiza Sempre e a Fundación Terra e Tempo impulsan un conxunto de actividades impulsadas para homenaxear, dar a coñecer e popularizar na sociedade galega, nomeadamente entre as clases populares, a figura deste demócrata e nacionalista galego, vítima da represión da ditadura franquista, que deu a vida pola defensa da liberdade, da democracia, dos intereses da clase da clase traballadora galega e dos dereitos nacionais de Galiza. Unha vida, unha militancia, un asasinato que, 50 anos despois, fican baixo un manto de silencio tecido pola historia oficial.

En 12 de agosto de 1975 a policía franquista asasinou en Ferrol Xosé Ramón Reboiras Noia (Moncho Reboiras), militante e dirixente nacionalista da Unión do Povo Galego.

A cita sero vindeiro xoves 5 de xuño de 2025 ás 19:30 h no Centro Sociocultural Ágora.

 

ÚLTIMAS

A Masa Crítica volve sacar as bicis na Coruña 20 anos despois da súa creación

Aló polos comezos de século, houbo un grupo de ciclousuarios na Coruña que soñaban...

O pub Neón reconvertido nun turreiro. O proxecto Pesquedellas repensa a foliada como retrato da mocidade galega

Reformular a foliada é algo que vén facendo a música galega contemporánea moi ben...

Activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña para este martes

A Xunta activou para este martes a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral...

Jevaso, o “xigante textil” que crece por fóra pero se baleira por dentro

A de Jevaso é unha desas historias de "éxito empresarial" que nace ao amparo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here