InicioMOV. SOCIAISSOS Sanidade Pública chama a unha nova mobilización o 12 de xuño...

SOS Sanidade Pública chama a unha nova mobilización o 12 de xuño contra a precariedade da Atención Primaria

Publicada o

Por SOS Sanidade Pública chama a unha nova mobilización o 12 de xuño contra a precariedade da Atención Primaria

As listas de agarda cada vez son maiores, e o estado da Atención Primaria é cada vez máis precaria. Así o entende a plataforma SOS Sanidade Pública que chama a mobilizarse o vindeiro 12 de xuño ante o “risco de colapso irreversible” da Atención Primaria. Baixo o lema “Listas de Agarda. Máis transparencia. Máis recursos públicos”, convoca varias manifestacións en todo o país, tendo lugar na Coruña o xoves 12 de xuño ás 20:00h no Obelisco

Lembran que “as listas de agarda para primeiras consultas de especialistas creceron un 15% desde 2019, cunha espera media de 60 días (un 19,3% máis). As probas diagnósticas, como resonancias ou TAC, aumentaron un 18%, con demoras de ata un ano nun 93% dos casos. As listas de espera cirúrxicas son especialmente preocupantes, cun incremento do 28% respecto a 2019, unha espera media de 76 días (17% superior) e demoras dun ano que se dispararon un 83%”.

SOS Sanidade Publica Lista Agarda

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here