InicioPOLÍTICAAvia Veira levou a problemática ca vivenda na Coruña ao Parlamento Europeo

Avia Veira levou a problemática ca vivenda na Coruña ao Parlamento Europeo

Publicada o

Por editor

A diferenza do que ocorre noutros países de Europa, en Galicia e na Coruña a porcentaxe de vivenda pública é case anecdótica. Niso radica o noso principal problema e resolvelo é a nosa principal demanda”, sinalaba Avia Veira no marco dunhas xornadas sobre a crise habitacional que se vive en toda Europa, organizadas no Parlamento europeo pola Alianza Libre Europea, o grupo en que está integrado o BNG na Eurocámara.

A concelleira herculina recoñecía que “vimos ao Parlamento europeo a expor a situación de emerxencia habitacional que sofremos na nosa cidade. Nos últimos 10 anos, os alugueres aumentaron por volta dun 68 %. Isto significa que a grande maioría da xente non pode acceder a unha vivenda en réxime de aluguer, e evidentemente tampouco en réxime de compra”, refire.
A xuízo de Avia Veira, a clave do problema radica na “ausencia absoluta de políticas de vivenda pública” merecentes de tal nome na nosa cidade. “E aquí a máxima responsábel é a Xunta, pois a Administración autonómica ostenta a grande maior parte das competencias na materia”.

“Estamos en Bruxelas porque consideramos moi importante que se escoite aquí a voz da Coruña con vistas a que se teñan en consideración as necesidades das coruñesas e dos coruñeses á hora de se aplicaren os próximos instrumentos que se habiliten desde as institucións comunitarias para lidar coa crise habitacional”, remarca Veira.

Máis novas

A mocidade sae á rúa para acabar co negocio da vivenda

A loita organizada contra o negocio da vivenda só acaba de empezar

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

ÚLTIMAS

A comunidade educativa únese volve á rúa este mércores para denunciar o abandono da escola pública

A Comunidade educativa de toda Galicia convoca diversas manifestacións ao longo do país o...

Comeza a retirada da duna de Riazor

Os traballos de retirada da duna que se coloca cada ano na Coruña para...

A Policía Nacional evita unha pelexa entre ultras do Deportivo e do Leganés

Axentes da Policía Nacional evitaron un enfrontamento entre ultras do Deportivo e do Leganés...

A Deputación da Coruña achegará o legado de Begoña Caamaño cun programa anual polas Letras Galegas

A área de Lingua da Deputación da Coruña promoverá durante todo este ano unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here