InicioCULTURAO Museo de Belas Artes acolle xa a mostra que reivindica todo...

O Museo de Belas Artes acolle xa a mostra que reivindica todo o universo creativo de Díaz Pardo

Publicada o

Por europapress

Inaugurouse onte no Museo de Belas Artes da Coruña a mostra ‘A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo’, unha exposición “coa que desde a Xunta rende homenaxe a unha creador clave para a cultura galega nos séculos XX e XXI”, sumándose así ao recoñecemento que se lle fai este ano dedicándolle o Día das Artes Galegas.

Unha mostra que “pon en valor as distintas vertentes dun artista polifacético, ofrecendo unha achega á súa figura desde distintas perspectivas e nun mesmo espazo, apostando porque as novas xeracións profunden no seu coñecemento”, como recoñeceu o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos,.

O percorrido abarca toda a traxectoria de Díaz Pardo a través das súas distintas facetas, desde a etapa pictórica á de deseñador industrial, pasando pola transición plástica, sendo esta unha gran oportunidade para crear unha composición en conxunto de todo o seu universo creativo.

ÚLTIMAS

Málaga, Valencia, Bilbao, Sevilla e Alacante; as propostas de Volotea para A Coruña

O prazo aberto para presentar ofertas para cubrir os destinos nacionais no concurso convocado...

Nace CAbe (Coruña Arte Aberta), a nova fiestra aberta á arte contemporánea galega

Mentres esmorece o museo da Fundación Luís Seoane, un dos catro grandes museos de...

Activada a alerta laranxa por choivas no oeste da provincia da Coruña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activou para este mércores a alerta laranxa por...