InicioSOCIEDADEO Dépor xa vai sendo "da" Coruña

O Dépor xa vai sendo “da” Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Nova vitora da iniciativa “Aquí tamén se fala”. A mocidade do IES Rafael Dieste pode con todo, e abofé que vai ata conseguir cambiarlle o nome ao Dépor. Mentres organizan o festival de música galega contemporánea máis transformador do país, levan dende abril solicitando que o Real Club Deportivo cumpla a ei de normalización lingüística. E onte celebraron unha pequena gran vitoria, porque o Concello aceptou o reto e incluíu o cambio normativo nas placas da coñecida como Terceira Rolda.

Ata alí se desprazaron os rapaces do centro herculino, co Concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, que non dubidou en botar este chanzo na pugna que mantén dende hai meses coa coñecida como “propiedade” do club. Unha “propiedade” que xa se ten reunido cos promotores da iniciativa, aos que deixaron clara a súa falta de vontade por asumir este cambio.

Con todo, o centro, e a cidade, vai con todo para conseguir que o club da cidade leve o topónimo en galego. De feito, a petición de corrección toponímica foi presentada no rexistro municipal polo filólogo e profesor Alberto Pombo, fundador da iniciativa “Aquí tamén se fala”, no marco do “O Dépor é da Coruña”, unha acción que está apoiada ao 100% dos insitutos públicos coruñeses así como a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Universidade da Coruña, a Federación de peñas, os responsábeis de lingua da Xunta de Galicia, Deputación e Concello da Coruña, representantes do tecido cultural ou excapitáns históricos como Álex Bergantiños ou Dani Mallo.

 

Rolda Deportivo da Coruna.Foto-JaviQuiroga w
Rolda Real Club Deportivo da Coruña. Foto-Javi Quiroga

O concelleiro de cultura Gonzalo Castro, destacou a “importancia de acompañar e apoiar unha campaña de dinamización e de restauración da nosa dignidade” sinalando que o Deportivo “é un dos maiores embaixadores de Galicia” e apuntou que “todos os casos de éxito no fútbol globalizado incorporan en esencia a defensa da identidade e da súa historia” aseverando que o obxectivo conta co apoio do deportivismo. Pola banda do instituto coruñés, representado por unha nutrida selección de estudantes que forman parte de “Aquí tamén se fala”, o seu xefe de estudos, Ramón Barreiro -un dos mil socios máis antigos do club- explicou que “o obxectivo da campaña é tan sinxelo como adaptar a denominación oficial ao cumprimento da legalidade vixente” e que facelo será unha nova oportunidade de “reconectar o Deportivo coa súa xente”.

“O Dépor é da Coruña”

A iniciativa “Aquí tamén se fala” naceu no instituto Rafael Dieste e, baixo a coordinación dos profesores Alberto Pombo, Arcadio González e Mónica Reixía estendeuse por máis de dous centos centros de ensino de todo o marco xeográfico galego. Xa en 2024 estableceron acordos de colaboración e galeguización co Celta de Vigo, Racing de Ferrol, Lugo e co propio Deportivo. A comezos do mes de abril deste ano deron a coñecer unha nova iniciativa para correxir o topónimo deturpado que leva o club, e que xa naceu cun manifesto e os apoios de representantes institucioniais, culturais e deportivos.

A partir dese momento, e despois de solicitaren en diversas ocasións reunión cos responsábeis do club, iniciaron unha campaña viral en redes con apoios de referentes do mundo cultural como o actor Xosé Touriñán, Rodrigo Vázquez, Yolanda Castaño e varias ducias de músicos, actores e actrices, poetas, autores de libros sobre o Dépor ou xornalistas deportivos. A carón disto, en diversas previas de xogos en Riazor, o alumnado repartiu máis de 30.000 adhesivos co slogan da campaña. Os Riazor Blues tamén tentaron mostrar o seu apoio cunha faixa que foi retirada e que provocou o abandono da súa masa social da grada de Marathon. Na festa da federación de peñas varias bandas fixeron cantar os asistentes a consigna “O Dépor é da Coruña”. Aínda, durante a celebración da segunda edición do Festival Aquí tamén se fala, arredor de 4.000 persoas corearon o lema galeguizador antes de dar paso á actuación de José Suárez, autor do himno “1906”. Con estas accións, desde a plataforma estudantil continúan encoraxando os responsábeis do club a escoitaren o clamor popular.

Máis novas

O #Aquítaménsefala segue revertendo o rumbo lingüístico da cidade

Lamentan que non se permitise a entrada a Riazor dunha faixa co lema “O Dépor é da Coruña”

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

“O Dépor é da Coruña”, o novo reto normalizador do #Aquítaménsefala

ÚLTIMAS

As crianzas dos Rosais e Monte Alto rematan o curso cun agasallo moi especial feito por persoas privadas de liberdade

Especial fin de curso para a rapazada dos CEIP Emilia Pardo Bazán e CEIP...

O Museo de Belas Artes acolle xa a mostra que reivindica todo o universo creativo de Díaz Pardo

Inaugurouse onte no Museo de Belas Artes da Coruña a mostra 'A barca de...

Interceptado ao volante en Arteixo sen carné e cuadriplicando a taxa de alcoholemia

A Garda Civil investiga a un condutor de 38 anos de idade como presunto autor de dous...

Mobilízanse contra a OPA hostil do BBVA ao Banco Sabadell

Fartos estamos os ouvintes radiofónicos das leas entre bancos. E fartos están os profesionais...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here