InicioCULTURA: 45.000 persoas ratificaron o Atlantic Pride como a cita máis Orgullosa...

[Galería]: 45.000 persoas ratificaron o Atlantic Pride como a cita máis Orgullosa do norte do estado

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fai balance o Atlantic Pride da súa 6ª edición. O festival do ‘Orgullo do Norte’ pechou con éxito as súas oito xornadas de música e reinvindicacións, afianzando á Coruña como a cidade máis diversa do país.

Impulsado pola Asociación Orgullo Coruña -ORCO- , co patrocinio institucional do Concello da Coruña e o apoio da Deputación da Coruña, este festival pioneiro, gratuíto e inclusivo, segue servindo de perfecto escaparate para reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva lúdica e inclusiva.

Foron preto de 45.000 as persoas que pasaron pola Praza de Pontevedra ou polos Xardíns de Méndez Núñez para gozar dos concertos de de figuras como Judeline, Edurne, David Civera, Nia, Merche, De Ninghures, Alana, Jimena Amarillo, Mayo, Sofía Cristo, Cascales, Arantxa Castilla-La Mancha, Samantha Ballentines e ata máis de 35 de bandas e artistas. Xunto a elas, a nova escena musical galega subiuse un ano máis ao escenario do ‘Orgullo do Norte’ coruñés, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.

Festival Atlantic Pride Coruna 2025-Foto-Raúl Lorenzo- Atlantic Pride 7
Foto-Raúl Lorenzo- Atlantic Pride

A cifra supón un “récord” de asistencia para o festi o que invita a ORCO a destacar “o interese que o Atlantic Pride xera na cidade da Coruña”.

Grazas a súa colorida e diversa aposta musical, na que a calidade dos directos é sempre unha das grandes premisas, a cita consolidouse un ano máis como un referente dos ‘Orgullos’ que se celebran nesta época do ano ao longo da Península, como un espazo de celebración aberto, seguro e diverso, que gaña novos adeptos e no que se reúnen divertidas propostas para todos os públicos.

Ademais dos concertos, tamén houbo divertidas actuacións de drags, pinchadas de dj’s de referencia da escena galega e estatal e a celebración dun Certame Literario de Literatura LGTBI+, da man do Club de Lectura QUEERuña, e que neste 2025 celebrou cunha nutrida participación a súa cuarta edición, e cuio primeiro premio recaeu en Manuel Iglesias Vila, co relato Que vai ser de nós cando sexamos vellos?.

Festival Atlantic Pride Coruna 2025-Foto-Raúl Lorenzo- Atlantic Pride 9
Equipo do Atlantic Pride -Foto-Raúl Lorenzo- Atlantic Pride

A Asociación ORCO, organizadora do Atlantic Pride, quere transmitir o seu agradecemento a todas as persoas que un ano máis fixeron posible o festival: artistas, público, equipos, patrocinadores e apoios. “Desde a Asociación Orgullo Coruña e o Atlantic Pride queremos agradecer a todas as persoas e colectivos que gozaron deste evento aberto e diverso, que neste 2025 consolidouse como unha das citas de referencia da música no noroeste peninsular”. E continuou: “Grazas, tamén, aos artistas programados, pola súa xenerosidade e polo bo ambiente que crearon ao longo dos oitos días nos que se celebrou o Atlantic Pride”.

Aí vai unha galería de fotos de Raúl Lorenzo:

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Sada por vulneración de liberdade sindical tras unha denuncia da CIG

O Xulgado do Social número 1 da Coruña condenou ao Concello de Sada por...

A Real Academia Galega presenta á alcaldesa Inés Rey os proxectos do novo curso académico

Representantes da Real Academia Galega (RAG) reuníronse este martes coa alcaldesa da Coruña, Inés...

Máis de cen actividades educativas municipais abertas para este curso escolar

O inicio do novo curso escolar, coincide tamén coa posta en marcha máis de...

A Xunta autoriza investimento no contrato de xestión enerxética de centros da área sanitaria da Coruña

O Consello da Xunta autorizou onte, na súa reunión semanal, o expediente de contratación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here