InicioCULTURAOcéano Eskizo, unha banda de míticos herculinos, debutará nas Noites do Porto

Océano Eskizo, unha banda de míticos herculinos, debutará nas Noites do Porto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa está en marcha unha nova edición do festival disperso Noites do Porto. Do 22 de setembro ao 5 de outubro (aínda estamos esperando polos programas das Festas de María Pita e do Noroeste…) a música enchegará o porto de Batería pero tamén as Salas da cidade, coprotagonistas no programación.

Asi o demostra o feito de que vai ser a Sala Mardi Gras a que acolla a estrea en directo de Océano Eskizo, un grupo de recente formación que xorde da unión de membros dalgunhas das bandas máis memorables da escena coruñesa. O evento será o domingo 28 de setembro noutro local emblemático da cidade, a Sala Mardi Gras, e as entradas sairán á venda o mércores 23 de xullo ás 11:00 horas en Ataquilla.com e Ticketmaster.

Océano Eskizo é unha das bandas máis novas da escena local, pero destaca pola recoñecida traxectoria dos seus membros, que proveñen de bandas históricas da escena punk rock coruñesa das últimas décadas, como Deluxe, Hormigonera, Kozmin Muffin, Los Eskizos, Meu, Radio Océano, Sensacional, Sporting Transilvania, Ulrica e Viuda Gómez e Hijos. Beni González-Dans, Jonhny Rotring (o álter ego de Xosé Manuel Pereiro), Luis Jarri, Pedro Granell e Ricardo Saavedra son os cinco membros do quinteto, unha proposta musical que reúne, como eles mesmos din, “o mellor de cada banda”.

A confirmación de Océano Eskizo tamén inclúe a unha das figuras máis destacadas da escena psych-prog europea actual, Moura. A banda, liderada polo coruñés Diego Veiga, revisitará o seu último álbum, Fume santo de loureiro, no Playa Club. “Será unha noite de aquelarres onde a tradición e a psicodelia irán da man”, afirman.

Moura únese ás Noites nas Salas como teloneiro das lendas estadounidenses do rock alternativo, The Lemonheads (25 de setembro).

Máis info do festival deste 2025

Noites do Porto mergullarase máis que nunca no ecosistema coruñés

Así foi o 2024:

8.400 persoas gozaron dos concertos especiais das Noites do Porto

 

As salas e os bares, as primeiras protagonistas do festival Noites do Porto

ÚLTIMAS

O BNG abre a porta a unha moción de censura en Cambre contra o goberno do PP

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cambre, Dani Carballada, asegurou...

A Xunta licita por 51,5 millóns 264 vivendas públicas en Xuxán e reclama ao Estado “axilidade” co Plan de Vivenda

A Xunta de Galicia vén de licitar por 51,5 millóns de euros a redacción...

A Rolda da Pasaxe cortarase integramente ao corte de tráfico do 30 de marzo ao 1 de abril polos accesos ao ‘Novo Chuac’

O plan de mellora de accesos ao complexo hospitalario da Coruña (Chuac) obrigará ao...

Un sábado diferente no Centro Oceanográfico da Coruña

Cita esta fin de semana arredor do Centro Oceanográfico A Coruña. O espazo, situado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here