InicioA CORUÑAAs traballadoras do SAF saíron á rúa na Coruña e Arteixo para...

As traballadoras do SAF saíron á rúa na Coruña e Arteixo para esixir protocolos de seguridade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Pasaron xa 16 días dende o asasinato de Teresa, unha traballadora do Servizo de Axuda no Fogar de Porriño. As “esquecidas” traballadoras, como lembraba nestas mesmas letras Trinidad Palacios, non poden máis, e onte saíron a rúa e colgaron as batas para denunciar a a precariedade laboral, a falta de protocolos de seguridade e a inacción da Xunta de Galiza e da FEGAMP tralo sucedido.

Houbo ducias de concentracións ao longo do país, como as acontecidas en 5 vilas da Costa da Morte. Pero tamén as houbo na Coruña, e en Arteixo, onde os problemas con este servizo básico, que a Xunta deriva nos Concellos, son continuos dende hai anos.

Concetntracion_13_SAF_Arteixo.02
Imaxe da concentración do SAF de Arteixo

Convocadas pola CIG, centos de traballadoras colgaron as batas e saíron ás rúas, despois de deixar feito o seu traballo xa que “a Xunta, desentendéndose das súas responsabilidades, derivou aos concellos a declaración dos servizos mínimos, e moitos non os decretaron, deixando a responsabilidade ética ás traballadoras”.

Criticaron o “silencio” das administracións, o mesmo que matou a Teresa, que denunciara a fronte a empresa a situación de acoso que sufría, pero iso non foi suficiente para tomar medidas inmediatas de protección. Algo que describen como “violencia institucional”. “Ten que bastar unha palabra, ten que bastar a declaración dunha auxiliar para que inmediatamente se suspenda un servizo”, sinalaron advertindo o alto risco físico e mental do traballado que desenvolven.

Denunciaron tamén a súa precariedade laboral, o feito de ter tomadas por “man de obra barata”, e solicitaron unha serie de medidas, un protocolo de revención fronte o acoso, para implantar con urxencia:

  • Ante a existencia dunha denuncia ou comunicación dun posible caso de acoso, estará xustificada a ausencia ao posto de traballo.
  • Que, no momento no que se reciba unha queixa de acoso dunha traballadora se suspenda cautelarmente o servizo, activándose o protocolo de acoso.
  • Que se realicen xa as avaliacións de riscos, incluídos os psicosociais, en todos os domicilios.
  • Habilitar un servizo efectivo para presentar calquera incidencia e dar traslado inmediato as delegadas de prevención.

Máis novas

Somos as traballadoras do SAF: esenciais pero esquecidas

As familias de Arteixo critican a “nefasta” xestión do Servizo de Axuda no Fogar

ÚLTIMAS

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

Ángel Calvo Ulloa: “É un asunto escandaloso”. --- ---- ---- --- Todo o sector do...

CCOO, CGT, CIG e UGT, así como o Sindicato de Estudantes apuran a Folga Xeral por Palestina

Por fin parece que os sindicatos unen forzas para facer presión contra o xenocidio...

Aitana volverá á Coruña o 22 de xullo de 2026

Aitana deu a coñecer as datas da súa nova xira mundial, 'Cuarto Azul World Tour'...

Palavea reflexiona sobre os límites

Novo proxecto singular da Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea. Este xoves 16...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here