InicioCULTURAThe Champions Burger trae ao Peirao de Calvo Sotelo as mellores hamburguesas...

The Champions Burger trae ao Peirao de Calvo Sotelo as mellores hamburguesas do país

Publicada o

Por Ángela Precedo

A Coruña vibrou hoxe baixo o sabor e a expectación: presentouse oficialmente a segunda edición de The Champions Burger, o maior festival de hamburguesas de España que arrinca a súa xira por máis de 40 cidades e converte cada parada nunha experiencia gourmet sobre rodas. Con entrada gratuíta, o Peirao de Calvo Sotelo transformouse en escenario anfitrión ata o 24 de agosto, disposto a recibir a milleiros de ‘foodies‘ ansiosos por descubrir a mellor hamburguesa do país. A inauguración foi máis ca unha presentación: foi un preámbulo festivo cheo de aromas a carne, pan artesanal e especias, que anticipa dez días cheos de sabor, creatividade e competición.

Máis de 20 hamburgueserías do territorio nacional, entre elas a popular Carnivale –moi querida na Coruña, por ser a súa casa–, sacarán as súas armas culinarias para gañar o favor do público, que poderá votar a súa favorita mediante o ticket e código QR –o verdadeiro xuíz desta batalla gastronómica é a xente de a pé–. Ademais, hai que dicir que a ambientación non decepciona: inspirada na mítica ruta 66 estadounidense, a escenografía integra neóns, ‘food trucks‘ decoradas para a ocasión e música que promete trasladar ao comensal a unha viaxe visual e sensorial ao corazón de América.

Tamén gañou gran protagonismo a zona lúdica, na que os asistentes ao evento poder xogar unhas partidas de FIFA ou optar por máquinas de arcade retro, entre moitas outras opcións. Aínda que, dende logo, as hamburguesas seguen sendo o centro do festín: gourmet, orixinais, con opcións para dietas veganas e sen gluten, prezos accesibles –12,95 € a burger individual e menús completos por menos de 20 €– e coidadas caixas de presentación. Se buscas unha boa excusa para saír, rir e probar boa comida, este festival será máis ca un plan: será unha experiencia completa.

PARTICIPANTES

  • Gottan
  • Moflete
  • TEOX
  • Hades
  • Cheeck’s
  • Street Food
  • Muralla
  • Dako Burger
  • Moa
  • The Vicbros Burger
  • Soul
  • Godeo
  • Nola Smoke
  • Rico
  • Tarantín Chiflado
  • Tokio
  • Vacarnal Burger
  • Circo
  • Malasogra Burger
  • Custom Burger Shop
  • Carnivale Burger
@galicia_confidencial @TheChampionsBurger vuelve a A Coruña entre el 13 y el 24 de agosto. #galiciaconfidencial #thechampionsburger #coruña #burgers #hamburguesa ♬ sonido original – Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

O meu nome é Afonso e son un dos representantes da asemblea de médicos...

Emma Lustres, de Vaca Films, primeira muller que leva o premio Forqué á Mellor Produtora

Grandes novas para o audivisual galego e coruñés. A produtora Emma Lustres, vai ser...

Arde o motor dun tren en Culleredo; os 21 pasaxeiros tiveron que ser trasladados en Taxi

Os 21 pasaxeiros dun tren tiveron que ser evacuados e trasladados en taxi na...

O movemento “Baixo O Mesmo Paraugas” cumpre 10 anos na Coruña implicando a 100 entidades

Este mércores 3 de decembro, a Coruña volverá cubrirse “Baixo O Mesmo Paraugas”. O...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here