InicioA CORUÑAMáis de cen actividades educativas municipais abertas para este curso escolar

Máis de cen actividades educativas municipais abertas para este curso escolar

Publicada o

Por europapress

O inicio do novo curso escolar, coincide tamén coa posta en marcha máis de cen actividades educativas municipais.

En paralelo están tamén as actividades extraescolares dos centros públicos que se desenvolven a través da Federación Provincial de ANPAS, (que ten un convenio co Concello por 425.000 euros), e para as cales o esforzo voluntario das familias das ANPAS é fundamental.

Son actividades impulsadas por diversas áreas municipais e entidades locais, con propostas que abranguen ciencia, arte, deportes, medio ambiente ou idiomas. Como novidade, o curso 2025-2026 contará co programa Chorus, centrado na educación musical coral, que culminará cun concerto no Coliseum xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia.

Podedes consultar en https://www.coruna.gal/educacion/es/programas-educativos

Museos científicos

Ademais, o concello tamén propón unha nova edición do programa educativo da súa rede de Museos Científicos —Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae— cunha ampla variedade de actividades dirixidas ao alumnado de todas as etapas educativas, formuladas para que os colexios concerten visitas escolares.

Toda a info na web municipal.

Natación escolar

O Concello abriu tamén o prazo desolicitudes no programa de natación escolar de cara ao curso 2025-26. O programa, que se desenvolve en colaboración coa Federación das ANPA e as ANPA e centros públicos de educación primaria da cidade, vai dirixido especificamente ao alumnado de 3º e 4º de primaria. Este ano, a oferta será de 415 prazas, coas actividades repartidas entre as instalacións das piscinas municipais de Riazor, Santo Amaro e do complexo polideportivo de San Diego.

O prazo de solicitudes está habilitado ata o día 14 de setembro. As persoas interesadas en optar ás prazas dispoñibles terán que cubrir o formulario disposto na páxina web de Deportes, onde se irá actualizando toda a información referente ao proceso de asignación das prazas.

Máis novas

ANPA As Pedreiras: “Collo vacacións en setembro para poder resolver o comezo de curso”

ANPA Sardiñeira: “Por que teño que xestionar eu todo isto?”

ANPA Faro: “As administracións deberían facerse cargo da educación de 7.30 a 16.30h”

ANPA RASA: “Os centros públicos están privatizados case durante media xornada lectiva”

ANPA Monte Vixía: “É complicado estar ao tanto de solicitudes, ofertas, orzamentos… sendo pouc@s e voluntari@s”

 

 

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...