InicioCULTURAA Escola Oficial de Idiomas mantén o prazo de matriculación aberto para...

A Escola Oficial de Idiomas mantén o prazo de matriculación aberto para as súas 11 linguas ata o día 19

Publicada o

Por editor

Arrinca un novo curso na Escola Oficial de Idiomas da Coruña e as persoas que aínda non formalizaran a súa a matrícula teñen ata o día 19 para facelo sen necesidade de preinscrición, nas prazas que aínda quedan vacantes das 11 linguas que oferta a EOI (alemán, árabe, chinés, español como lingua estranxeira, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés). Ofértanse tanto cursos oficiais como cursos monográficos sen exame, nun amplo abano de horarios de mañá e tarde, e nas modalidades presencial e semipresencial.

O único requisito para matricularse nestas ensinanzas é ser maior de 14 anos, agás no caso de inglés, xa que, se se cursou esta lingua na ESO, hai que ser maior de 16 para poder matricularse.

O xoves 11 ás 18:30 inaugúrase o curso 2025/26 na Escola Oficial de Idiomas da Coruña, cunha presentación para o alumnado de novo ingreso no seu salón de actos. Tras a presentación, os cursos oficiais comezan as aulas a partir do día 15. Pola súa banda, a quenda dos cursos monográficos, CELGA e LAG será a partir do día 29 de setembro.

Ademais da sede central na Coruña, situada na Cidade Escolar, a escola ten seccións delegadas en Arteixo, Carballo, Cee e Culleredo, centros que contan cunha oferta ampla de cursos e niveis en inglés, francés, alemán e español.

Toda a información sobre a matrícula e a oferta na web da Escola Oficial de Idiomas da Coruña.

 

 

ÚLTIMAS

Agosto en familia cos espectáculos de Cascarillarte polos barrios

Ademais ás Festas de María Pita, ao Autobán, e ao Salón do Cómico Viñetas dende...

O Autobán completa a oferta cultural da cidade

En paralelo ás Festas de María Pita e ao Salón do Cómico Viñetas dende...

Desvían dous voos no aeroporto da Coruña por baixa visibilidade

A baixa visibilidade pola néboa coa que amenceu este martes o aeroporto coruñés de...

Viñetas desde o Atlántico enche A Coruña de banda deseñada con máis de cen actividades e 24 exposicións

O festival Viñetas desde o Atlántico celebra unha nova edición na Coruña coa memoria...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here