InicioBARRIOSMonte Alto sae de festas Diplomáticas

Monte Alto sae de festas Diplomáticas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Albíscase unha potente fin de semana por Monte Alto. O sábado 20 e o domingo 21 o barrio acolle as asúas festas anuais. O sábado será completo con pasarrúas, sesión vermú, xogos populares, e música para pequenos e maiores (porán o fin de festa sabatino a Banda da Loba e Loita Armada). Para o domingo quedará un roteiro polo cemiterio de Santo Amaro, unha homenaxe a Ramón Maseda no Campo de Marte e unha sesión vermú coa familia tradicional de Son D’aquí.

Pero antes, na previa, o venres 19 de setembro, a partir das 19:00h, a A.C. Alexandre Bóveda organiza unha “ópera ambulante”, co nome “Todas somos Diplomáticas”. Xurxo Souto guiará dende a Praza San Xosé (esquina coa rúa Vixía) un roteiro ata a Pescaría para celebrar o novo nome da rúa San Jurjo de Carricarte, que non é outro que o de “Diplomáticos de Monte Alto”. Un fito conseguido trala petición da propia Alexandre Bóveda para cumprimento da Lei de Memoria Histórica, que foi aprobada no pleno do pasado mes de xullo (cos votos a favor de PSOE e BN, que presentou a moción, e os votos en contra do PP)

Coa música e a palabra de Guni Varela, Pulpiño Viascón e o propio Xurxo, e o apoio dende a distancia de Rómulo Sanjurjo, a comitiva irá debullando o legado artístico, o arraigamento na cidade e a conexión coa cidadanía desta banda lendaria, para lembrarlle ademais ao Concello que non pode demorar máis a imposición da placa na devandita rúa.

A xornada rematará cunha festa, a partir das 21:00h na discoteca do Circo de Artesáns.

Festas de Monte Alto 2025

Máis novas

Monte Alto redescubriu ás orixes dos Diplomáticos e o movemento bravú

 

ÚLTIMAS

A praza de Tabacos acolle o groso da Semana Europea da Mobilidade

Xa botamos un ollo ás interesantes charlas que Mobi-Liza organiza mo MUNCYT sobre outras...

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

Un xulgado da Coruña leva a Europa o cobramento das maletas de cabina de Ryanair, Vueling e Volotea

Un xulgado da Coruña solicitoulle ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here