InicioA CORUÑAO ao artista Francisco Miguel, asasinado polo réxime franquista en 1936,...

O ao artista Francisco Miguel, asasinado polo réxime franquista en 1936, será homenaxeado este luns

Publicada o

Por editor

Despois da exposición, e da recepción municipal do cadáver, toca nova homenaxe ao pintor Francisco Miguel Fernández Díaz. Desta volta co enterro dos seus restos mortais no cemiterio de San Amaro, unha vez que o seu corpo foi exhumado no ano 2023 pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica no cemiterio de Bértoa (Carballo), xunto co doutras tres vítimas da represión fascista, e agora recibirá sepultura digna na súa cidade natal.

A homenaxe, na antesala do 90 aniversario do seu asasinato a mans das forzas fascistas en 1936.

O programa conmemorativo celebrarase o luns 29 de setembro e inclúe un acto institucional no Palacio Municipal de María Pita e, a continuación, unha cerimonia fúnebre no cemiterio de San Amaro, ás 12.20 horas, aberta á participación de toda a cidadanía, para o posterior soterramento dos seus restos.
A cerimonia contará coa participación da Banda Municipal de Música da Coruña, que interpretará obras de compositores galegos como Marcial del Adalid, Juan Montes, Andrés Gaos e Chané, así como unha peza de Edward Elgar. Tamén terá lugar unha ofrenda simbólica de cunchas de viraventos. A homenaxe contará coa presenza de familiares do artista, desprazados desde México para recibir os seus restos.

Este homenaxe enmárcase dentro das actividades xa iniciadas coa inauguración, a comezos de mes, da exposición dos debuxos do artista na Casa Museo Casares Quiroga. Conta coa colaboración da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB), así como doutras asociacións e entidades da cidade, do grupo de investigación sobre a súa vida e obra, da escritora Syra Alonso e da Deputación da Coruña, que promove tamén charlas arredor da figura de Francisco Miguel e de Syra  Alonso.

Francisco Miguel naceu na Coruña en 1897. Foi pintor, ilustrador, crítico de arte e libreiro, cunha traxectoria vencellada á vida cultural da cidade e aos movementos artísticos europeos e americanos. Entre 1921 e 1933 residiu en París, Cuba e México, onde mantivo relación con figuras como Diego Rivera, Frida Kahlo e David Alfaro Siqueiros. De regreso a Galicia, asentouse en Oleiros, onde foi detido e asasinado o 29 de setembro de 1936 en Queo de Arriba (Carballo).

 

Máis novas

A Coruña lembra a memoria do pintor Francisco Miguel cunha exposición

O Concello da Coruña acolle a entrega ás súas familias dos restos de tres vítimas do franquismo en 1936

Comeza no cemiterio de Bértoa a exhumación de catro coruñeses asasinados polo franquismo

ÚLTIMAS

Derrubados os muros do Xardín do Observatorio para abrir “un anaquiño” do Parque da Agra

Arrrincaban en agosto as obras para liberar o Xardín do Observatorio, e esta mañá...

Condenada a 144 anos de cárcere por asasinar a anciás en Cataluña, novamente detida por novo homicidio na Coruña

Os galega Remedios Sánchez Sánchez, condenada hai case dúas décadas a 144 anos de...

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

Ángel Calvo Ulloa: “É un asunto escandaloso”. --- ---- ---- --- Todo o sector do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here