InicioMOV. SOCIAISGalicia volve saír á rúa contra o xenocidio sionista

Galicia volve saír á rúa contra o xenocidio sionista

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

As novas da detención esta pasada noite da Flotilla Global Sumud por parte do exército israelí en augas internacionais están trascendendo en todo o mundo. Un exército que acusa a unha expedición humanitariae pacífica de “terrorista”, e de apoiar a Hamás, para tratar como delincuentes a ducias de activistas e profesionais de ata 44 países.

Ante esta nova vulneración dos dereitos humanos por parte do goberno sionista de Israel, a sociedade galega e estatal volve unirse e convoca concentracións para  este xoves 2 de outubro. No caso da Coruña desta volta será na Delegación do Goberno, na Praza de Ourense.

Dende o Movemento Global para Gaza – Galiza, Ánxela Gippini informa de que a última hora da noite podían connfirmar a intercetación de tres navíos: O Alma, O Sirius e o Adara e entre a tripulación secuestrada está a nosa compañeira e representante do Movemento Global para Gaza – Galiza, Sandra Garrido. Tamén informaban do secuestro doutras 11 persoas de nacionalidade española, entre as representantes das numerosas delegacións que fan parte da Flotilla Sumud Global.

Segundo o rasteador oficial da Flotilla, 37 barcos continúan a navegación rumbo a Gaza e manteñen a súa misión humanitaria.

O Movemento Global a Gaza- Galiza van realizar unha rolda de prensa este mesmo mediodía de xoves en Compostela pero animan á sociedade a participar nas concentracións desta tarde. 

“Exiximos a protección desta misión humanitaria e a apertura dun corredor que permita romper co cruel bloqueo que está a sufrir Gaza”, sinala nun comunicado Gippini. “Exiximos tamén a inmediata liberación das activistas humanitarias secuestradas”; e “exiximos a representantes políticos que garantan a súa seguridade e activen os protocolos diplomáticos e medidas de denuncia e sanción destes ataques”.

APOIO DA REDE ACAMPA POLA PAZ

“Liberdade para os activistas que integran a flotilla da dignidade interceptada ilegalmente en augas de Gaza. Protección  para os civís que só levaban medicamentos, auga e alimentos para os gazatíes extenuados despois de dous anos de asedio. Un non inequívoco e unísono nas rúas de Galicia e de toda España contra esta nova vulneración de todos os dereitos executada por Israel, fronte ao silencio vergoñoso dos gobernos ou o temor interesado da comunidade internacional”.
Ese é o chamamento que fai Acampa pola Paz no convencemento de que permitir que esta nova acción de Israel quede impune é fallar, unha vez máis, ao pobo de Gaza e aos propios principios da Humanidade.

Por iso, o Movemento Acampa traslada a todos os seus asociados (máis de 77 organizacións locais, nacionais e internacionais, e centos de particulares) a participar nas concentracións convocadas para esta tarde en todas as cidades e pobos de Galicia para reivindicar o respecto aos Dereitos Humanos, o Dereito Humanitario e o Dereito Internacional que Israel pisa impunemente.

Condena contra o “xenocidio” en Gaza no pleno do Concello da Coruña

ÚLTIMAS

Xa temos o cartel máis galego do Festival Noroeste

Con 4 semanas de antelación, e non con unha como as pasadas edicións, o...

As Peñas do Dépor convocan unha concentración este xoves na Praza de Pontevedra

Moven ficha as Peñas do deportivismo trala guerra aberta formulada pola directiva do club...

As flores de Ángeles contra o “abandono municipal” na Pescaría

Ángeles ten 95 anos e vive na rúa Orzán, ao carón da Praza do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here