InicioMOV. SOCIAISA coruñesa Sandra Garrido chega este martes a Santiago tras ser liberada...

A coruñesa Sandra Garrido chega este martes a Santiago tras ser liberada da prisión israelí

Publicada o

Por editor

As activistas da Global Sumud Flotilla foron liberadas na mañá deste luns, 6 de outubro, e viaxaron nun voo con destino a Atenas. Fontes de comunicación e asistencia legal ás familias das detidas confirmaron a súa chegada á capital grega arredor das 16:30 horas (hora local).

Desde Atenas, as activistas foron divididas en tres grupos con destino a distintas cidades do Estado español:

  • Barcelona, con chegada prevista ás 23:40 h.
  • Madrid (T2), con chegada arredor das 23:00 h.
  • Bilbao, con chegada ás 23:15 h.

Entre elas está herculina Sandra Garrido, que puido terse posto en folga de fame trala detención da Flotilla. A coruñesa viaxa xa rumbo a Madrid, onde será recibida por familiares, amizades e representantes da Flotilla, que acompañarán o grupo durante a chegada e a atención aos medios de comunicación.

Chegada a Compostela

Segundo informou a familia de Sandra Garrido, está previsto que viaxe a Santiago de Compostela durante o día de mañá, martes. Agárdase que nas próximas horas se confirmen encontros coas súas achegadas e a convocatoria dunha recepción pública e posterior rolda de prensa.

Ademais, galego Manu López, tamén participante na Global Sumud Flotilla, chegou hoxe a Vigo despois das 20:00 horas, nun tren procedente de Madrid.

A coruñesa Sandra Garrido, retida e en posible folga de fame nunha cárcere israelí

A Plataforma A Coruña Pola Paz estreouse cunha comprometida marcha ata a Torre

A Coruña protagoniza unha espectacular manifestación por Palestina

ÚLTIMAS

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

Tivo que chegar un grupo de mozos e mozas duns instituto de Labañou, de...

9 creadores galegos serán recoñecimos co novo galardón ao talento dixital no EMHU

Tamara García Romero (grtamara), Pablo Meixe, Santiago Caamaño (Champi Muros), María Foscaldo (Mery Fos),...

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Comezou o derrubo dun edificio abandonado nos Mallos

O Concello comezou onte a demolición do edificio situado na rúa Puerto Rico, no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here