InicioSOCIEDADEPiden a creación da “2Gal”, a canle autonómica da RTVE

Piden a creación da “2Gal”, a canle autonómica da RTVE

Publicada o

Por editor

O Secretario Xeral de Movemento Sumar Galicia, Paulo Carlos López, vén de solicitar ao
Presidente de RTVE, José Pablo López, o impulso de “2GAL”, unha nove canle autonómica con contidos específicos que substitúan á segunda canle de TVE no noso país, “en galego e para Galicia, do mesmo xeito que vén de anunciar o inicio do proxecto 2CAT”. López indica que “os dereitos lingüísticos da cidadanía galega tamén deben ser respectados”.

“Se RTVE entende con acerto que o catalán merece unha canle específica con deporte en directo, produción propia e contidos de máxima audiencia, o galego tamén”. Para Movemento Sumar Galicia a “2Gal” debería ser unha canle en galego, con medios  suficientes, unha grella diversa que inclúa a diversidade e, “tamén con información política” e que “tire da industria cultural do noso País como motor auxiliar”. Para isto, indica López habería que reforzar con medios técnicos e humanos a delegación de RTVE en Galicia.

“Falamos de igualdade real entre linguas oficiais: mesmo dereito, mesma calidade e mesmos recursos. Pedimos un calendario verificable de lanzamento, financiamento equiparable ás outras linguas e reforzo deses equipos en RTVE-Galicia para fortalecer o noso sector audiovisual”, engadiu. Movemento Sumar Galicia reclama que a Presidencia de RTVE e ao Consello de Administración que incorporen xa La 2Gal ao plan operativo e convoquen unha mesa técnica co sector, universidades e sociedade civil.

“RTVE ten que adaptarse xa á plurinacionalidade do Estado”, conclúe.

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...

Binter suma unha conexión semanal entre A Coruña e Canarias

A compañía aérea Binter puxo en marcha o reforzo da súa programación entre A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here