InicioA CORUÑAAs obras dos Cantóns reinícianse este luns no Cantón Grande

As obras dos Cantóns reinícianse este luns no Cantón Grande

Publicada o

Por europapress

A remodelación dos Cantóns, na Coruña, iniciará unha nova fase de obras a partir do próximo luns, día 13, con actuacións entre a rúa Santa Catalina e o Cantón Grande. Por iso, as paradas de transporte urbano, taxis e BiciCoruña, así como a zona de carga e descarga de mercadorías trasladaranse ao Cantón Pequeno.

Segundo informa o Concello da cidade herculina, serán tamén visibles as primeiras intervencións na contorna do Obelisco.

Ademais, nesta etapa pecharase “definitivamente” ao tráfico o acceso aos Cantóns desde Durán Loriga por Santa Catalina. “Este treito pasará a ser totalmente peonil, para darlle continuidade a un percorrido natural desde a praza de Mina ata a rúa Real”, apunta o consistorio.

Non osbtante, a circulación do tráfico polos Cantóns seguirá estando habilitada, xa que as obras non afectarán os carrís da calzada, engade.

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...

Binter suma unha conexión semanal entre A Coruña e Canarias

A compañía aérea Binter puxo en marcha o reforzo da súa programación entre A...