InicioBARRIOSMonte Alto: Xa funcionan as escaleiras de Adelaida Muro

Monte Alto: Xa funcionan as escaleiras de Adelaida Muro

Publicada o

Por editor

“Aleluya”, sinalaban alegres varias veciñas esta mañá de luns 20 de outubro ao ver que, por fin, funcionan as escaleiras mecánicas que soben da ría Adelaida Muro á Ángen Rebollo, en pleno barrio de Monte Alto. Facíano desconfiadas despois de meses de espera coa obra case rematada, e coa esperanza de que as cubertas eviten os continuos problemas que teñen outras escaleiras semellantes como as de San Agustín ou a Falperra.

Esta fin de semana, tras moitas semanas esperándoa, Iberdrola conectaba as escaleiras á rede, e o Concello realizaba unha inauguración oficial a primeira hora da mañá deste luns, coa presenza da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, e polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

apg_20251020_ALCALDESA_DIAZ_CASTRO_ESCALERAS_MECANICAS_ADELAIDA (10)

Unha infraestrutura de accesibilidade, anunciada en abril de 2023 gracias aos fondos Next Generation, para a que se investíu 1,1 millóns de euros e que estivo un ano e catro meses de obras.

O plan de traballos tamén comprendeu actuacións nos sectores laterais da nova escaleira mecánica, coa fin de mellorar o acceso aos sete portais existentes aos lados da escalinata, e completa a reurbanización da rampa Matadoiro, que puido convertirse en peonil, pero que quedou a medias.

As escaleiras de Adelaida Muro súmanse a outras actuacións de instalación de elementos mecánicos para salvar desniveis, como os ascensores dos Castros e de Pintor Villar Chao.

Máis novas

O Plan de Barrios pasa revista ao estado de Monte Alto

Licitadas as obras accesibilidade entre O Peruleiro e a rúa Barcelona e da escalinata mecánica de Adelaida Muro

ÚLTIMAS

PP e BNG censuran no pleno a xestión do goberno local da Coruña tras renunciar á sede do Mundial 2030

Os grupos da oposición no Concello da Coruña, PP e BNG, cargaron este venres...

O barrio da Cidade Vella debate sobre a promoción, paralizada cautelarmente pero xa á venda, da Maestranza

Resulta paradóxico que unha promotora inmobiliaria estea xa promocionando a venda de pisos dunha...

Nova homenaxe ao heroes do Orzán

A Xefatura Superior de Policía de Galicia realizou este venres unha homenaxe aos 'heroes...

Ata Beethoven trae doazóns para o Banco de Alimentos

Gran éxito o colleitado na conferencia-concerto "Unha tarde con Beethoven". Unha iniciativa artellada polo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here