InicioCULTURAMEGA reabre as súas portas cun semestre cheo de actividades

MEGA reabre as súas portas cun semestre cheo de actividades

Publicada o

Por editor

MEGA, o primeiro e único museo de España dedicado á cultura da cervexa, reabre esta semana as súas portas. Faino formulando ademais un semestre cheo de actividades, como gastroexperiencias con cervexas artesás, concertos íntimos con degustación, visitas guiadas ou sesións gastronómicas con recoñecidos cociñeiros.

MEGA abre ao público no seu horario habitual de luns a domingo (de 10:30 a 20:00 horas ata marzo, e de 10:30 a 22:30 horas a partir de abril) puidendo acceder con visita libre, ou incluíndo unha visita guiada con tiraxe e maridaxe de queixos, conservas ou embutidos galegos.

Os MEGA Planazos deste semestre arrincan o venres 3 de febreiro coa celebración da primeira sesión de Beercraft deste ano, dando a coñecer os mellores cervexeiros artesáns do estado, nas que poderemos probar a cervexa sevillana Río Azul, ou as receitas de tempada elaboradas pola Cervezoteca Malte.

Música en directo

Este semestre non faltará a música. A estrea será este vindeiro 17 de febreiro, cando a Sala de Caldeiras do Museo Estrella Galicia acollerá a actuación do cantaor madrileño El Cigala, acompañado polo pianista Jaime Calabuch, concerto que foi aprazado o pasado 13 d decembro pola enfermidade do artista. Durante os meses de marzo, maio e xuño haberá máis música.

ÚLTIMAS

(Vídeo) Un gran incendio en Visma cobre de negro o ceo de Arteixo

A parroquia de Visma, na Coruña, rexistra na tarde deste domingoe un gran incendio...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here