InicioA CORUÑAO CEIP Alborada acolle o peche pola folga no ensino

O CEIP Alborada acolle o peche pola folga no ensino

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O CEIP Alborada, na segunda fase do polígono de Elviña, acolle a primeira noite de peche do profesorado no marco da folga do ensino público convocada pola CIG-Ensino para estas 48 horas de 28 e 29 de outubro. Unha folga que se materializa con peches reivindicativos en 6 centros de ensino de outras tantas cidades galegas.

Se ben a Xunta cuantifica nun 30% o seguemento desta segunda folga no que vai de curso por parte do profesorado, mentres que o sindicato convocante destacou o “importante seguimento de profesorado”, á espera de que se contrasten os datos de participación a partir do vindeiro xoves. Ademais, destacaron que a asistencia á manifestación da mañá desenvolta en Compostela volveu superar todas as previsións a pesar da choiva.

Peche Folga do Ensino na coruña ceip alborada
Outra imaxe do peche no CEIP Alborada

“Lección de dignidade e de unidade”

Para o sindicato a manifestación (con cabazas) e as protestas en cada unha das Delegacións Territorias demostran unha “lección de dignidade e de unidade” dos profesionais do ensino público.

”Trouxémoslle cabazas ao conselleiro porque simboliza o suspenso por parte do profesorado porque non sabe sumar cando di que medio docente máis medio docente son dous docentes, suspende tamén na atención á diversidade ao pretender que unha persoa orientadora atenda a máis de 300 rapaces ou rapazas ou non dota os centros con especialistas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, cando non sabe colocar no mapa os coles do rural porque os deixa abandonados ou en lingua galega por someter ao ostracismo á nosa lingua”, sinlaou Laura Arroxo, secretaria nacional da CIG-Ensino.

Arroxo tamén criticou o anuncio de Román Rodríguez sobre as 1.500 prazas das oposicións o ano que vén aludindo a que se trata de cubrir a taxa de resposición, é dicir, de substituír as persoas que se xubilan por novo funcionariado de carreira sen que isto signifique ningún incremento sobre o número de profesorado actual. “No proxecto de orzamentos para o vindeiro curso mantense un ano máis o número de profesorado a mesma cifra, 30.424 que nos últimos 5 anos e as partidas para educación soben moi por debaixo da media do que soben outras Consellarías”, concluíu.

Peche Folga do Ensino na coruña ceip alborada 2

Mañá, nova xornada de folga, novas protestas

Este mércores as protestas deslocalízanse ás catro capitais de provincia para visibilizar o conflito con manifestacións que chegarán até as Delegacións Territoriais da Coruña. A manifestación herculina sairá do propio centro Alborada ás 11:30h, como as outras 4 capitais de provincia.

Peticións da CIG

  • Baixada de ratios no inicio de todas as etapas educativas a partir do vindeiro curso 26/27.
  • Recuperación do horario lectivo recortado en 2011 (21 horas en primaria e infantil) e en 2012 (18 horas no resto de ensinanzas) tamén a partir do vindeiro curso e fin da discriminación horaria nos CIFP e centros de ensinanzas artísticas. “Galiza é a única comunidade de todo o Estado que permanece coas 20 horas en secundaria e outras ensinanzas”, lembran.
  • Medidas concretas que garantan unha correcta atención á diversidade (criterios para a dotación de persoal especialista de PT e AL, incremento do número de orientadores/as nos centros, cómputo como dobre ou triplo do alumnado con necesidades en todas as etapas, autorización de desdobres, PDCs e FP básica en todo o territorio…)
  • Un plan real de eliminación de burocracia que leve aparellado, entre outras medidas, un incremento da dedicación horaria para equipos directivos, coordinacións e titorías.
  • Melloras retributivas: incremento retributivo lineal para todo o profesorado no complemento autonómico que permita recuperar o poder adquisitivo perdido, recuperación do cobro do verán para o persoal substituto que traballe 5 meses e medio e equiparación salarial do PESSFP co resto de profesorado de FP.
  • Redución da xornada laboral a partir dos 55 anos e recuperación das licenzas por formación retribuídas.

Máis novas do ensino

As familias de Oleiros simbolizaron cunha marcha fúnebre o enterro do ensino público de calidade

A comunidade educativa do CEIP de Prácticas mobilízase para demandar unha reforma “urxente” do centro

 

Outras novas das ANPAS

ÚLTIMAS

O comercio local revive por “Samaween”. Guía do truco-trato polos barrios da cidade

Este venres é 31 de outubro, noite de Samaín, Halloween ou mesmo “Samaween”, como...

Veciños de Bergondo reclaman unha alternativa “xusta” ao proxecto de supresión do baipás de Infesta

Veciños e veciñas de Bergondo e representantes municipais mobilizáronse este martes en rexeitamento ao...

Afectados por linfoma alertan do descoñecemento da enfermidade e urxen dar a coñecer as opcións terapéuticas

Afectados por linfoma instaron a concienciar sobre o que son os cancros hematológicos, pór...

A Coruña acolleu a preestrea da película ‘Leo & Lou’, producida pola galega Frida Films

O equipo da película 'Leo & Lou' regresou a Galicia este martes para a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here