InicioA CORUÑAA alcaldesa da Coruña non quere comentar a decisión do Supremo de...

A alcaldesa da Coruña non quere comentar a decisión do Supremo de aceptar o recurso presentado desde Granada

Publicada o

Por monchomarino

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, optou, de novo, e a preguntas dos xornalistas, por non pronunciarse respecto ao recurso presentado desde Granada contra a decisión de que a cidade herculina sexa sede da futura Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia).

“Non comento procedementos xudiciais en marcha e moito menos os relativos a outras administracións”, insistiu, en liña coas manifestacións dos últimos días ao ser preguntada por esta cuestión.

Nesta ocasión, expúxoselle despois de coñecerse este xoves que o Tribunal Supremo admitiu a trámite o recurso presentado pola Asociación Sociedade civil de Granada Juntos por Granada contra o acordo do Consello de Ministros do pasado 5 de decembro.

Nel determinouse que a cidade da Coruña sexa a sede da futura Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia).

Pola súa parte a voceira da Marea Atlántica María García, sinala que “A Coruña e o seu ecosistema de innovación ofrecen sobradas e indiscutibles razóns para acoller a sede da AESIA. Quen coñece a cidade, como a coñecemos nós, non necesita unha convocatoria competitiva para saber que era a decisión adecuada. Se esa convocatoria se fixo ben ou mal, é responsabilidade do Goberno do Estado. Sexa o que sexa o que determine o Supremo, dende a Marea Atlántica agardamos que A Coruña non resulte prexudicada”.

ÚLTIMAS

Unha moza de 20 anos ebria bate contra un muro co coche no paseo marítimo da Coruña e tenta fuxir a pé

Unha moza de 20 anos de idade que deu positivo en alcolemia bateu na...

O PP da Coruña ultima a súa romaría do Pino coa vista posta nas municipais de 2027

O PP provincial da Coruña prepara a oitava edición da súa romaría do Pino,...

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...

A Audiencia da Coruña acolle en xuño o xuízo co xurado pola morte de Yoel Quispe

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará do 1 ao 19 de xuño o xuízo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here