- O edil de Deportes quixo deixar claro que “a relación laboral é entre a empresa adxudicataria e os traballadores e os sindicatos”.
- A edil de Medio Ambiente asegurou que a cala de San Roque, en Labañou, non se vai habilitar como “praia canina”.
— — — —
Ao remate do longo pleno celebrado onte en María Pita, o persoal das Escolas deportivas municipais, en plenas mobilizacións quixo facer uso do escano cidadán (ese espazo plenario para que a veciñanza poida expresar unha petición aos nosos gobernantes) para trasladar as peticións do colectivo de profesionais.
O relato, exposto por Monste Pico, estivo acompañado das 1.500 sinaturas recollidas entre as persoas traballadoras e usuarias destes servizos que apoian as súas demandas. Un relato que interpelou ao Goberno local sobre a asumir a táboa reivindicativa trasladada polo colectivo para a dignificación e o recoñecemento do labor que realizan.
A traballadora de Serviplus SL, a adxudicataria das actividades deportivas municipais tamén solicitou a mellora do estado e do mantemento das instalacións, a dotación e renovación dos materiais e un uso equitativo dos espazos, así como unha mellora das condicións laborais e salariais do persoal, que sofre numerosos retrasos.
Lembraron que, “hai catro anos, o Goberno municipal adquiriu o compromiso de avanzar nos seguintes pregos na dignificación laboral e económica, na redución da parcialidade, e na equiparación das distintas condicións que ten o persoal que realiza o mesmo traballo, entre outras cuestións”.
Lembraron ademais os pregos a piques de rematar, de aí a necesidade de negociar para incorporar a táboa reivindicativa, que inclúe tamén propostas para implentar a calidade do servizo que se presta.
Vaise cumplir a promesa feita 4 anos e cales son as melloras salariais que se farán?, preguntoulle ao edil de deportes para rematar. E o concelleiro, Manuel José Vázquez, desentendeuse da problemática deixando claro de primeiras que “a relación laboral é entre a empresa adxudicataria e os traballadores e os sindicatos”.
De seguido asegurou que “as peticións que se nos fixeron chegar están sendo obxecto de valoración por parte deste goberno de cara a nova licitación, na que estamos traballando e que a teremos antes de rematar este 2025”. Asegurou que se tomarán as decisións segundo o colectivo colectivo asinado por varios sindicatos, a excepción da CIG.
Mal e bo uso do escano cidadán
Cómpre tamén salientar o mal uso do escano cidadán por parte dunha veciña de Visma (presentou unha pregunta e logo se dedicou a contar unha películ
Porén, outra veciña de Labañou expuxo o rexeitamento de parte da veciñanza de convertir as calas de San Roque en areais de esparexemento canino. “Consideramos que se trata dunha proposta improvisada, baseada no descoñecemento dos areais, pois son dous areais moi pequenos e sería malísimo para a convivencia”.
“Non se vai poñer a de San Roque como praia canina, xa llo aseguro aquí”, asegurou a edil Yoya Neira.
Máis novas
Os barrios de Someso e Mesoiro piden atención aproveitando o Escano Cidadán do pleno

