InicioBARRIOSOutro venres ás portas do esfolado CEIP Prácticas

Outro venres ás portas do esfolado CEIP Prácticas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois de todo un ano de mobilizacións, a comunidade escolar do CEIP Prácticas volveu concentrarse esta mañá ás portas do edificio Normal para “celebrar o primeiro aniversario da caida da cornixa”. Con retranca e reivindicación as familias volveron berrarlle ao Concello e á Xunta que “o Prácticas segue en loita”.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

As deficiencias

As familias debullan as necesidades do edificio que poñen en risco a vida e a saúde dos 250 nenos e nenas que reciben aulas no CEIP de Prácticas:

  • Dende maio de 2025 parte dos aseos destinados ao alumnado están pechados por un atoamento que require de obra maior. Isto supón que as crianzas cheguen incluso a mexarse por enriba por non dispor de sanitarios suficientes.
  • Os diferentes enreixados de peche así coma as cancelas, están enferruxados e rachados co perigo que isto pode supor para o alumnado.
  • O chan do patio está cuberto de fochancas.
  • As humidades son dunha relevancia tan grande que mesmo nacen fungos en mesas e portas.
  • O alicatado de zonas comúns coma o ximnasio ou algúns baños cae por falta de mantemento
  • A pasada semana dende o centro tiveron que dar avisode desinfección urxente por mor de que varias crianzas tiveron problemas de erupcións cutáneas por usar determinados elementos do ximnasio
  • O chan afúndese baixo os pés das nosas fillas e fillos…
Estado do CEIP Practicas
Deficiencias do edificio da Normal

A preocupación na comunidade escolar aumenta ao ver que a partida para Educación  proposta nos Orzamentos de 2026 da Xunta de Galicia mérmase de maneira significante e non aparece dotación económica específica para acometer a reforma integral que o colexio precisa.

Do mesmo xeito continúan sen prazos oficiais por parte do Concello da Coruña para realizar as obras de mantemento requeridas, “malia que a Alcaldesa insista en que non son da súa competencia”.

Máis novas

Un ano de mobilizacións da ANPA do CEIP de Prácticas contra o lamentable deterioro do centro

O Prácticas segue en loita

ÚLTIMAS

Asociacións confían en que a familia Franco pague pola expropiación do Pazo de Meirás

Entidades memorialistas esperan que o Tribunal Supremo garanta a propiedade pública do Pazo de...

Guía para non perderse nada do Entroido da Coruña e da comarca

Facemos un repaso completo aos programas de Entroido da Coruña, pero tamén aos de...

ASANOG lanza un crú pero esperanzador manifesto polo Día do Cancro Infantil

Emotiva cita a vivida este vernes no Materno. Co gallo do Día do Cancro...

Suspendida provisionalmente a folga do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña

A división sindical segue poñendo en xaque aos usuarios do servizo transporte de viaxeiros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here