A primeira edición do mercado LAMA ZETA tiña como obxectivo recuperar o espírito do Mercado das flores de María Pita. Coa idea de Sísimica e a dirección de Thais Suárez, este mercado sostible xuntou en ExpoCoruña a medio millar de persas interesadas en flores e cerámica, en decoración e xoiería sostible.
O público tivo a oportunidade de descubrir numerosas accións ao redor da natureza e a sustentabilidade a través os preto de corenta postos expositores, charla e talleres que se deron cita no recinto.

Unha fusión única en Galicia na que todos os participantes mostraron produtos creados a partir de elementos naturais ou reciclados. Os visitantes transitaron entre postos de xardinería como Cactusico con preto de 300 variedades de cactos á venda, roupa, cerámica, decoración para o fogar como Recendo Estudo, así como a caseta Cousas de can perfecto con alimentos para animais que se converteu nunha das paradas máis visitadas en evento pet friendly. Unha xornada que contou cun photocall creado por Thais Suarez a partir de elementos cedidos por Cerámica Campo, unha barra de cervexa Lupia e cunha caseta de Bico de Xeado.
Desde a apertura de portas numerosos curiosos que se converteron en compradores pasaron por Lama Zeta, onde ademais de visitar aos expositores tamén asistiron á charla da xornada a cargo de Os Biosbaros e Kibuz cooperativa. Os responsables transmitiron a esencia do proxecto común que desenvolven baseado no principios éticos do coidado á terra e as persoas e no aproveitamento dos recursos. “Buscamos recuperar a esencia a partir de facer as cousas dun modo distinto, con sentido e optimizando os recursos e os avances tecnolóxicos dos que dispoñemos”.
Tras eles chegou a quenda dos talleres matinais nos que preto de medio centenar de participantes traballaron seguindo as indicacións de Susana Anta para realizar xoias de cerámica desde o ferro inicial ata o resultado final que nalgúns casos foron pendentes e noutros colgantes. Pola súa banda os que asistiron á formación de Meniña Plants Flow realizaron un traballo de impresión vexetal sobre bolsas de tea.

LAMA ZETA contou con sesión vermú a cargo de Lilicleta. Momento no que se realizou o sorteo dun master de Enea Dixital Business School, no que resultou premiada Jasmina Ljubijankic, unha enxeñeira de camiños procedente de Bosnia que poderá escoller entre os ofertados polo centro. Xa pola tarde foi a quenda do taller a cargo de Flores Farándula a través do cal os rexistrados saíron de Lama Zeta cun centro de flores en mesa único realizado por cada un deles. Unha experiencia que permitiu aos participantes conectar coa natureza, do mesmo xeito que coa creación de kokedamas, esferas vexetal xaponesas que Espora Coruña ensinou como utilizar.
Ademais, o circulo da sustentabilidade estivo pechado xa que os elementos empregados para os postos e a decoración serán reutilizados polos estudantes do CIFP Someso.

