InicioOPINIÓNO elixir da eterna xuventude

O elixir da eterna xuventude

Publicada o

Por Ana Díaz Cortés

Un dos obxectivos que perseguimos as persoas é acadar a felicidade e a lonxevidade. Unha boa xenética, un estilo de vida óptimo, unha nutrición axeitada, o exercicio e a ausencia de hábitos nocivos son factores que parecen estar detrás desta ansiada lonxevidade. Pero es que, ademais, todo indica que as persoas que afirman ser felices viven máis tempo e gozan de mellor saúde.

Neste contexto está a gañar forza un novo parámetro: ás relacións sociais. Relacións con parellas, familiares, amigos, compañeiros ou outros membros da nosa comunidade. Vínculos románticos, profesionais ou veciñais cuxa influencia na nosa bioloxía e benestar está respaldada por evidencia científica, como demostran varios estudos realizados, por exemplo, na Facultade de Medicina Duke-NUS de Singapur, no University College de Londres e na Universidade de Míchigan.

Contrariamente ó que a maioría da xente pensa, parece que ‘o que nos acontece’ pouco inflúe na nosa felicidade, sen embargo, ‘a nosa actividade deliberada’ determina de modo máis rotundo o benestar. Desde 1938 está en marcha un estudo na Universidade Harvard (EEUU) que conclúe firmemente que as relacións sociais son cruciais nas nosas vidas e non só afectan á nosa felicidade, senón que tamén teñen un impacto directo na nosa saúde. Xa non se trata de vixiar o que comemos, manter a presión arterial baixo control, non fumar ou facer exercicio; agora temos que coidar como nos relacionamos co noso contorno. A literatura científica parece confirmar en que as persoas felices teñen relacións sociais fortes que, de feito, son construídas deliberadamente.

As relacións sociais emerxen hoxe en día como un piar fundamental e sólido, superando outros factores tradicionais como o diñeiro, o poder, a clase social ou a fama, que no pasado parecían ser o sostén dunha vida plena. Actúan mitigando o estrés, reducindo os niveis de cortisol, creando un sentido de pertenza, proporcionándonos unha sensación de seguridade e mellorando os niveis de saúde autopercibida, facendo que os nosos corpos sexan bioloxicamente máis capaces de defenderse contra as ameazas.

Como xa sinalou Daniel Goleman no seu libro Social Intelligence: The New Science of Human Relations (2006): «Esta ponte intercerebral permite que as nosas relacións máis intensas nos inflúan de xeitos moi diversos, desde os máis leves, como rir dos mesmos chistes, ata outros moito máis profundos, como os xenes que activarán ou non as células T, os soldados de infantaría que o sistema inmunitario ten na súa constante batalla contra as bacterias e os virus invasores».

Tanto se chegamos á vida centenaria como se non, todo indica que a vida en comunidade e a importancia das relacións familiares e sociais son factores protectores para a lonxevidade. Isto é tremendamente paradoxal porque o ideal da cultura actual é o “eu” autosuficiente. Mesmo os pais teñen como obxectivo principal que os seus fillos sexan independentes, proxectando o seu logro como un trunfo persoal. Mesmo na maioría das persoas abondan os retos e desafíos volcados nun mesmo. Os nosos fillos deben ser autónomos, pero non independentes. Así, ante este paradigma de independencia, é necesario redescubrir as persoas como seres relacionais, algo sumamente complicado nun mundo no que as sofisticadas tecnoloxías fan que vivamos nunha sociedade rápida, inmediata e profundamente efémera. Aínda que só sexa por descubrir o elixir da eterna xuventude.

 

Outros artigos de Ana Díaz Cortés no Xornal

Máis novas

A investigadora Ana Díaz pon en valor a importancia dos coidados no Alzheimer cun novo libro

ÚLTIMAS

Dous Combinados da AFAC e das Mariñas participarán nun Torneo Solidario no Fútbol da Costa

Acodía o presidentda Asociación de Clubs de Fútbol da Coruña (AFAC), Juan Vázquez, (Toño...

A Coruña acolle este sábado unha nova edición do programa solidario ‘A Radio Conta’

A Coruña acolle este sábado, día 27, unha nova edición do programa solidario 'A...

Máis de 200 persoas benefícianse dun programa da Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril na Coruña

Un total de 225 persoas con enfermidade renal crónica resultaron beneficiarias dun programa da...

O BNG esixe no Congreso garantir o funcionamento nocturno do aeroporto de Alvedro

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego rexistrou iniciativas para reclamar ao Goberno...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here