InicioA CORUÑAAs familias do CEIP Cidade Vella mobilízanse e chaman á Xunta e...

As familias do CEIP Cidade Vella mobilízanse e chaman á Xunta e ao Concello por “unha escola segura e digna”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este sábado 22 de novembro ás 12:00h, as familias do CEIP Cidade Vella sairán en manifestación reivindicativa con saída dende o centro ata as portas do Concello. Xa vai tempo que levan protestando pola falta de mantemento do centro pero a falta de resposta das dúas administracións competentes provocou que decidan saír á rúa.

”O noso cole é pequeno, polo que temos que facer máis forza, e a verdade é que está moi abandonado, como outros centros da cidade, como o CEIP Prácticas, tamén en loita e do cal temos todo o apoio”, explican dende a comisión de Familiasenloita da ANPA Herrerías.

Xunta e Concello, e a casa sen barrer

Numerosas familias (máis de 50 persoas estiveron presentes na asemblea de outubro) están implicadas nesta loita que quere implicar a Xunta e ao Concello na posta a punto dun centro esfolado. Pingueiras no comedor, grietas nas terrazas, cantos vivos, luces fundidas, xanelas impracticables, cristais fendidos, entrada deteriorada… A falta de mantemento (que sería responsabilidade municipal) é evidente, pero tamén se piden cambios estruturais (cousa da Xunta), mentres unha e outra administración levan anos botando balóns fóra.

”Queremos que a Xunta non desvíe a atención. Non temos cores partidistas, queremos que as administracións fagan o que teñen que facer para construír unha escola pública digna e segura”, sinalan lembrando que nos últimos meses pasaron os tres grupos políticos municipais, pero tamén que “as familias estamos cansas de frases e titulares para gañar tempo, como “estamos niso”, “está previsto”… Queremos feitos”, porque ao fin e ao cabo, “os perxudicados son os nenos”.

Lembran que o centro é “historiva viva da nosa cidade, foi un antigo Pazo do Marqués de Camarasa e o primeiro Instituto da cidade antes do Eusebio, pero tamén é presente e futuro”.

”Seguiremos vixiantes”

Dende o grupo de familias comprométense a anunciar as melloras (relatan que o Concello xa quitou a rampa de entrada, que estaba deteriorada e esvaraba, e ten previsto construir unha nova), pero tamén a seguir denunciando as carencia do centro. E sobre todo, “imos seguir unidos e vixiantes, para que non se tiren a pelota unha administración a outra, ata que vaian facendo cousas”, aseguran.

Preparando a mobilización, en familia

Onte martes, quedaron no centro para preparar a manifestación e as pancartas que van levar.

Máis novas

Outro venres ás portas do esfolado CEIP Prácticas

ÚLTIMAS

A Deputación da Coruña e o CITIC promoven un programa educativo sobre IA en institutos da provincia

A Deputación da Coruña e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e...

Gastón, o tiburón da Casa dos Peixes cumpre este martes 20 anos na Coruña

O 24 de febreiro de 2006 chegou ao Aquarium Finisterrae un exemplar de quenlla...

Centos de traballadores de transporte reclaman “un convenio digno” e rexeitan o acordo de CC.OO e UXT coa patronal

Centos de traballadores do transporte por estrada da provincia da Coruña manifestáronse este domingo...

Cancelados varios voos no aeroporto da Coruña pola néboa

O aeroporto de Alvedro, na Coruña, rexistrou este luns varios desvíos de voos e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here