InicioBARRIOSA ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en...

A ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en loita contra o deterioro do centro

Publicada o

Por A ANPA do CEIP de Prácticas non cede tras un ano en loita contra o deterioro do centro

Está sendo moi grave o desagravio das administracións para cos centros de ensino para que teñamos centos de familias na rúa protestando. Falamos das familias de todo o Oleiros criticando os recortes en materia de auxiliares de inclusión; falamos do profesorado que xa se ten manifestado en folga; falamos das familia do CEIP Cidade Vella, que saen mañá sábado nunha manifestación polo escaso mantemento do centro, ou falamos da Comunidade escolar do CEIP Prácticas, que leva un ano que o cole lle caen enriba:

Hoxe, venres 21 de novembro, as familias volveron a concentrarse ás portas do centro a pesar de que o pasado 12 de novembro na sesión da Comisión 4º de Educación do Parlamento de Galicia, conseguiuse grazas ao BNG que a Consellería de Educación admitise a necesidade dunha reforma integral do CEIP de Prácticas e o propio Secretario Xeral indicou que no 2026 habería boas novas para o colexio.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


Con todo, as familias precisan “prazos concretos porque as nosas demandas si que son concretas”. E enumeran as carencias que ten o centro a día de hoxe:

  • Renovación do convenio entre Xunta, Concello da Coruña e UDC para a xestión do centro que leva caducado dende 2022.
  • Os diferentes enreixados de peche así coma as cancelas, están enferruxados e rachados co perigo que isto pode supor para o alumnado.
  • O chan do patio está cuberto de fochancas.
  • As humidades son dunha relevancia tan grande que mesmo nacen fungos en mesas e portas.
  • O alicatado de zonas comúns coma o ximnasio ou algúns baños cae por falta de mantemento.

A cousa é tan grave que neste mes de novembro foi precisa unha desinfección urxente por mor de que varias crianzas tiveron problemas de erupcións cutáneas por usar determinados elementos do ximnasio…

As familias están “fartas de promesas incumpridas e da nula asunción de responsabilidades por parte das administracións” e dubidan das promesas porque nos Orzamentos 2026 da Xunta non aparece o centro e ningunha das partidas, e porque seguen esperando ás demandas rexistradas por vía telemática.

Critican ademais a falta de acordo das 3 administracións competentes mentres, os grandes perxudicados, os 250 nenos e nenas que reciben aulas no CEIP de Prácticas.

Máis novas de recortes no ensino

Outro venres ás portas do esfolado CEIP Prácticas

As familias do CEIP Cidade Vella mobilízanse e chaman á Xunta e ao Concello por “unha escola segura e digna”

As familias de Oleiros responden ao Conselleiro con realidades e manifestacións por unha “educación pública, inclusiva e de calidade”

As comunidades escolares percorreron Elviña e Monelos nunha multitudinaria manifestación por un ensino público de calidade

ÚLTIMAS

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

A subdelegación do Goberno na Coruña nomeará a Obdulia Taboadela como nova subdelegada

A ata agora deputada socialista no Congreso Obdulia Taboadela será nomeada nova subdelegada do...

A UDC admite “incidencias puntuais” nas matriculacións de estudantes

A Universidade da Coruña (UDC) admitiu a existencia de "incidencias puntuais" na tramitación das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here