InicioMOV. SOCIAISO presidente da Rede Europea de Loita contra a Pobreza urxe medidas...

O presidente da Rede Europea de Loita contra a Pobreza urxe medidas e investimento para reducir os casos de exclusión

Publicada o

Por europapress

Arrincou esta tarde de mércores no Paraninfo da Universidade da Coruña o Seminario Anual da EAPN-ES, a Red Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español. Baixo o lema “Garantía de dereitos e novos modelos de servizos sociais”, representantes do #TerceiroSector de todo o estado xuntánse durante 3 días para avaliar os retos, carencias e oportunidades dun sistema chamado a reforzar a cohesión social e a protección fronte á vulnerabilidade. Unha xuntanza para analizar o estado de saúde do sistema público de servizos sociais, a súa diversidade territorial e o papel das entidades sociais na loita contra a pobreza.

Crúas foron as palabras do presidente da EAPN, e tamén máximo responsable a nivel estatal Carlos Susías, que apelou a impulsar medidas transversais para “erradicar a pobreza”. “Para erradicar a pobreza hai que utilizar outros instrumentos, ademais dos servizos sociais”, sentenciou Susías, que destacou, no entanto, medidas a nivel europeo como a posta en marcha da Estratexia Europea contra a Pobreza ou outras para promover a vivenda accesible ou incentivar “un traballo digno de calidade”.

Con todo, alertou da “forte redución” dos fondos de cohesión, “que teñen que ver coas políticas sociais” e alertou que estas poden saír “claramente prexudicados”. “Non se poden esquecer dos máis de 90 millóns de europeos e europeas que viven en situación de pobreza e exclusión social, máis de 12 millóns, máis de 500.000 que viven en Galicia”.

Sobre os servizos sociais, incidiu en que quedaron “moi debilitados” desde 2010 e apostilou que hai que falar de políticas de vivenda, de educación, de pensións “dignas” e unhas rendas mínimas “que funcionen”.

A iso, sumou as políticas económicas e fiscais “porque senón estariamos a falar de ciencia ficción”. “O tema de xénero non é conxuntural, é estrutural”, engadiu sobre a maior incidencia en mulleres que en homes.

“Os datos de pobreza seguen sendo significativos, aínda que avanzamos”, expuxo, á súa vez, Ana Pardo, presidente da rede a nivel galego, quen apelou á colaboración entre as administracións.

Ambos efectuaron estas declaracións a Europa Press antes da inauguración do seminario anual ‘Garantía de Dereitos e Novos Modelos de Servizos Sociais, que se celebra ata o día 28 na Coruña.

ADMINISTRACIÓNS

No acto, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, sinalou que o impulso da Lei do terceiro sector social é un dos principais retos para 2026 e puxo en valor o feito de que no último ano Galicia fose, afirmou, a comunidade autónoma na que máis se reduciu a taxa de pobreza e exclusión social, case en sete puntos.

Pola súa banda, o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reivindicou a defensa do Estado de Benestar e apostilou que este só pode fortalecerse cunha cooperación real entre administracións e entidades.

Á súa vez, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu no salón de plenos do Palacio Municipal de María Pita ao comité organizador do seminario, con compromiso, sinala o goberno local, da cidade cos dereitos sociais.

Julio Abalde no Congreso EAPN-ES
Julio Abalde no Congreso EAPN-ES

 

Máis novas sociais

 

ÚLTIMAS

O PP e SUMAR reiteran as súas denuncias sobre Nostián

O portavoz do goberno local da Coruña, Miguel Lorenzo (PP), demandou ao goberno municipal...

Morre a moza de 20 anos que sufriu un accidente en Alfonso Molina

Unha moza de 20 anos faleceu a consecuencia das feridas sufridas nun accidente de...

25N: A Coruña volveu saír á rúa para denunciar a violencia institucional

Volveu latexar na Coruña o pulso contra a violencia de xénero. Despois dos actos...

A Rede Europea de Loita contra a Pobreza inaugura na Coruña un seminario sobre modelos de servizos sociais

A Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado...