InicioDEPORTESBebeto xa está de volta na súa casa

Bebeto xa está de volta na súa casa

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa chegou Bebeto, 30 anos despois,e parece que a cidade chora de nostalxia. Ese futbolista que fixo chorar a á Curva de General e a todo Riazor cos seus goles, pero tamén coa súa forma de ser, coa súa necesidade de agarimo, que tan ben combinou coa bancada cando o Dépor se convertíu en Súper.

Volveu para participar no acendido de luces de Nadal que terá lugar este venres ás 19:00h en María Pita, pero tamén para ter un encontro coa rapazada (xa son moitas as crianzas que o coñecen polas historias que reciben na casa), e para presentar a súa biografía autorizada.

Esa foi a primeira cita, onte na Área 1906 do estadio municipal de Riazor. Alí presentou xunto co autor Alexandre Centeno (xornalista coruñés e presidente da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde), o libro “El hombre que acunó el gol”.

Nesta biografía autorizada reconstrúese a vida dun xogador que cambiou a historia do Deportivo e foi un dos xogadores máis importantes da selección brasileira nos anos 90. O texto conta con testemuñas de grandes referentes futbolísticos, como Romário, Zico ou Dunga e de compañeiros daquel Súper Dépor, como Fran, Donato ou Mauro Silva, que é o autor do epílogo.

“Para mín é máis ca unha biografía, pois conto todo, non me gardo nada”, sinalou Bebeto. “Bebeto non foi só un xogador, foi un símbolo e con el Riazor converteuse no noso Maracaná”, indicou a alcaldesa, que asina o prólogo do libro durante a súa intervención.

Hoxe xoves, en Catro Camiños

Hoxe xoves 27 estará asinando libros no Centro Comercial Catro Camiños. O ex xogador deportivista atenderá aos asistentes e asinará exemplares. O acto terá lugar de 16:30 a 19:30 horas na planta alta do Centro Comercial (enfronte de Mango).

 

 

ÚLTIMAS

Usuarios dos cursos dos Programa de Lecer do Fórum e do Ágora pregúntanse pola posible suspensión das asamblearias viaxes culturais

Certo malestar vívese estas semanas entre os centos de usuarios dos Cursos do Programa...

O presidente da Rede Europea de Loita contra a Pobreza urxe medidas e investimento para reducir os casos de exclusión

Arrincou esta tarde de mércores no Paraninfo da Universidade da Coruña o Seminario Anual...

Este venres, Ruada no Ágora

O Colectivo PansenFron prepara xa as pandeiretas para a Ruada deste venres de 29...

O PP e SUMAR reiteran as súas denuncias sobre Nostián

O portavoz do goberno local da Coruña, Miguel Lorenzo (PP), demandou ao goberno municipal...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here