InicioA CORUÑAUsuarios dos cursos dos Programa de Lecer do Fórum e do Ágora...

Usuarios dos cursos dos Programa de Lecer do Fórum e do Ágora pregúntanse pola posible suspensión das asamblearias viaxes culturais

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Certo malestar vívese estas semanas entre os centos de usuarios dos Cursos do Programa de Lecer do Forum Metropolitano e Centro Ágora. Cursos de arte, literatura, cine, fotografía, cocina, dibujo, teatro, astronomía, memoria, creatividad, música… moi queridos na cidade, que contan con máis dun milleiro de solicitudes cada ano e cuias prazas sempre se esgotan rapidamente.
Un programa que desenvolve a empresa Serviplus Total a través dunha concesión municipal, coordinada á súa vez por unha traballadora do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (o famoso IMCE).

Como peche final a estes cursos, organízase aló polo mes de xuño unha viaxe comunal. Unha viaxe non oficial, pagada integramente polos propios usuarios (sen custe municipal algún máis que o esforzo da traballadora municipal, mesmo adoita ir, pola súa conta, un dos profesores dos cursos, ao que os usuarios lle pagan a viaxe, pero que ten que custearse o resto de gastos), que se artella dun xeito asambleario, no que a traballadora do IMCE exerce de intermediaria entre as axencias de viaxes da cidade e os usuarios.
O procedemento é o seguinte: a traballadora municipal encarga ás Axencias da cidade que preparen un proxecto de viaxe cun orzamento, que se publica nun blog para que os usuarios vaian estudando as diferentes ofertas, e que se votan, a man alzada, sen trampa nin cartón, nunha presentación común que se fai no Fórum con todos os usuarios que estean interesados en facer a viaxe. Escóllese a opción máis votada e a partir de aí cada usuario acorda coa axencia directamente a súa participación.

Levan facendo estas viaxes desden hai 18 anos, con grupos de 150-200 persoas, a diferentes lugares, por todo Europa (Toscana, Selva Negra, Grecia, Canadá, Eslovenia…). Sempre con éxito de asistencia, sen incidencias, e tendo xa viaxado con 5 axencias diferentes da cidade. Este ano decidiran, na asemblea do ano pasado, ir a Escocia, pero parece que a cousa non está clara.

O así parece segundo o que teñen recibido estas semanas os usuarios dos cursos, que tras preguntar no Fórum recibiron a nova, sen demasiadas explicacións, de que este ano non vai poder haber viaxe. “Por que cambiar un modelo asambleario que funciona moi ben e que nunca tivo problemas? Pódese darlle unha volta, profesionalizalo ou privatizalo completamente, pero por que parar?”, pregúntanse os usuarios.

Ante esta situación de incerteza, os usuarios están colleitando sinaturas (en menos dunha semana xa superan as 300) e enviando correos á rexedora e ao IMCE para preguntar “Por que non se pode levar a cabo a viaxe cultural ao estranxeiro do programa de lecer do Forum Metropolitano e Centro Ágora?”. No escrito explican que queren “unha explicación de por que non se pode seguir organizando unha
actividade que leva funcionando o últimos dezaoito anos sen ningún problema e que move a máis de 150 persoas todos os anos. Consideramos que dita actividade non lle supón ningún custo ao Concello máis que o traballo de xestión que realiza a animadora do Forum, xa que logo somos os usuarios quen decido nunha asamble pública a axencia coa que viaxamos e a quen abono directamente os nosos billetes”. Ademais do prexuízo que lle causa ás axencias de viaxe da nosa cidade que levan desenvolvendo este programa os últimos anos que de súpeto quedan sen unha gran fonte de ingresos.

Dende o Concello aseguran que “todos os traballadores municipais cumpren coas súas competencias e responsabilidades con rigorosa profesionalidade” e que “o concello non lle prohibe a ninguén irse de viaxe”.

Máis novas

A unificación da Rede de Bibliotecas Municipais. Unha farsa

ÚLTIMAS

Detido na Coruña un dos pederastas “máis buscados” que atacou a un axente cun coitelo

A Policía Nacional detivo na Coruña a Daniel Vázquez Patiño, un pederasta incluído na...

50 anos da senlleira A.C. Alexandre Bóveda

A día de hoxe é a Asociación Cultural máis viva da Coruña, a que...

Moblizacións no Hospital Santa Teresa por represión sindical de Quirón Salud

Se os sanitarios da pública póñense en folga, na privada tampouco está calmada a...

Catro persoas detidas en Sada e Bergondo nun operativo contra o tráfico de drogas

Axentes da Garda Civil detiveron a catro persoas durante un operativo contra o tráfico...

1 COMENTARIO

  1. Parecerme que o estilo asamblario non funciona en este caso.
    O ano pasado asistin a devandita asamblea e as persoas que estábamos aí pertenecíamos os Talleres e cursos de Forum/Ágora, pero ademáis había xente representantes de Axencias de viaxes e outras persoas alleas aos cursos que votaban para que algunha Axencia llevase os votos e gañase a sua proposta.
    A coordinadora dos Talleres fixo un traballo enorme para desentrañar as distintas propostas das Axencias para que os participantes dos Talleres escolleran as mellores opcions.
    Pero días despois era vopuli que había Axencias que llevaban xente externa para votar as sus propostas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here