InicioBARRIOSNovos pasos da Rolda peonil da Sagrada Familia e do parque infantil...

Novos pasos da Rolda peonil da Sagrada Familia e do parque infantil cuberto do Ventorrillo

Publicada o

Por Redacción

Dous importantes investimentos deron un paso adiante para os barrios da Sagrada Familia e O Ventorillo, gracias á súa aprobación na Xunta de Goberno Local.

Ampliación da Rolda Peonil

Aprobado quedou un novo avance no proxecto da Rolda Peonil, ese proxecto de crear un cinturón humanizable que atravese os barrios altos da cidade. A Rolda terá continuidade pola Sagrada Familia tras a adxudicación das obras de humanización correspondentes ao segundo treito da rúa homónima e tamén de Antonio Carballo, cun investimento dun millón de euros.

Os traballos, que executará a empresa Construcciones Cernadas, permitirán estender a Rolda Peonil xa en dirección ao barrio da Agra do Orzán, co obxectivo de conectar este percorrido co parque do Observatorio.

Na rolda de prensa desta mañá, posterior á Xunta de Goberno Local, Inés Rey apuntou ao impacto positivo deste trazado peonil ao seu paso por barrios como A Gaiteira, Catro
Camiños e Os Mallos, “onde non só se gañou superficie para o paso das persoas, senón tamén accesibilidade universal, máis espazos de lecer e máis visibilidade para o pequeno
comercio”.
É precisamente a dinamización deste último o que impulsa as melloras previstas na Sagrada Familia, onde xa son visibles as actuacións do primeiro treito que se humanizou,
entre as rúas Nosa Señora da Luz e San Xaime, con máis de 2.200 m2 de superficie peonalizada, novas áreas verdes e arboredo, así como novo mobiliario urbano.

Primeiro parque infantil cuberto da cidade

O parque infantil do Ventorrillo sera cuberto
O parque infantil do Ventorrillo será cuberto

Igualmente, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación das obras de remodelación do parque infantil lindeiro á escola infantil municipal do Ventorrillo, que se converterá na
primeira instalación deste tipo cunha cuberta integral, co obxectivo de protexer ás crianzas e ás súas familias das inclemencias meteorolóxicas.
Un proxecto que contará con máis dun millón de euros de orzamento, que executará, de novo, empresa Jardinería Arce e que, ademais de permitir a ampliación do parque, que practicamente duplicará a súa capacidade, tamén gañará accesibilidade e incorporará novos xogos inclusivos e adaptados.
O prazo para completar os traballos de renovación do parque infantil serán de 9 meses, a contabilizar desde a posta en marcha das obras.

 

Máis novas

Arrincan as obras de humanización da rolda peonil da rúa Sagrada Familia

ÚLTIMAS

A música urbana galega abre o Beat Out

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O...

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos...

A Coruña inicia a humanización da rúa Páramo cun investimento de case 340.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de humanización da rúa Páramo,...

O Festival de cinema fantástico Lóstrego regresa ao Fórum Metropolitano

O Festival de Cinema Fantástico e de Terror Lóstrego, volve ao Fórum do 2...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here