InicioA CORUÑAConfirman a viabilidade das viaxes culturais de fin de cursos do Fórum...

Confirman a viabilidade das viaxes culturais de fin de cursos do Fórum e do Ágora

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Cheo a rebentar no Fórum para a reunión convocada polo IMCE cos usuarios dos programas de Lecer do Fórum e do Ágora. Unha reunión na que as máis de 250 persoas que enchían o espazo, querían preguntar pola ameaza suspensión das viaxes non oficiais de fin de curso, despois de que ter presentado máis de 300 sinaturas para demostrar a súa valía.

Había outro tema principal na orde do día: os problemas de pagos da empresa Serviplús, tanto cos monitores do programa de Lecer do Forum e do Ágora e cos das Escolas Deportivas Municipais, que levan semanas de mobilizacións.

Comezaba falando o Concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, que tras moitas voltas, indicou que o Concello está preocupado polo tema dos impagos, que responsabiliza á empresa e asegura que vai intentar solventar a situación. Avisaron, iso si, da necesidade de manter as inscricións, e non faltar a clase, para que os cursos non se vexan afectados no seguinte trimestre. Con todo, o público deixou patente en varios momentos a súa disconformidade cos impagos e a súa máxima satistacción co monitorado (tamén presente).

Tiña que saír e saíu a ameaza da suspensión da viaxe non oficial de fin de curso. Unha viaxe que, como contamos no Xornal, organízase dende hai 18 anos de xeito asambleario e de forma paralela á administración, na que os usuarios se pagan a súa viaxe, e no que unha traballadora municipal simplemente fai de ligazón entre usuarios e moitas (imposible chegar a todas) axencias de viaxe da cidade.

Unha veciña deixou claro, tras analizar os plegos de condicións, que estas viaxes son perfectamente compatibles coas condicións do monitorazgo, lamentándose de que os propios representantes das administracións descoñezan os plegos que elas mesmos impoñen.

Os representantes municipais reaccionaron asegurando que a viaxe si se ía poder realizar, sempre é cando, por “aspectos xurídicos, que obrigarían a crear un concurso público”, a traballadora municipal non utilice un teléfono oficial na coordinación. “18 anos despois se preocupan polos aspectos xurídicos…”, preguntábanse os usuarios.

Laura Cedron
Laura Cedrón

Foi aí cando emerxeu a figura de Laura Cedrón, esa implicada traballadora municipal (é a animadora sociocultural do IMCE e coordinadora do Programa de Lecer), tremendamente respectada por todos os usuarios dos cursos, ao que moitos coñecen como “superwoman”. Cedrón tomou a micro, e deixou claro que ela mesma, co seu teléfono persoal, vai seguir coordinado a viaxe, ante o aplauso do público.

Así, os usuarios marcharon esperanzadores de que se solucione o problema dos impagos e que non haia máis problemas arredor desa viaxe, que este ano será a Escocia, e na participarán, se se mantén a implicación dos anos anteriores, máis de 150 persoas.

Máis novas do asunto

Usuarios dos cursos dos Programa de Lecer do Fórum e do Ágora pregúntanse pola posible suspensión das asamblearias viaxes culturais

O persoal da Escolas Deportivas denuncia a falta de atención do goberno e o impago das nóminas da concesionaria

ÚLTIMAS

Vixiantes de seguridade móbilizanse no CHUAC contra a precariedade e as agresións

Vixiantes de seguridade mobilizáronse este luns na contorna do Hospital Universitario da Coruña (CHUAC)...

O PP ve “un patrón de conduta” de acoso laboral no PSOE coruñés

O portavoz do PP da Coruña, Miguel Lorenzo, volveu a esixir a dimisión da...

A Xunta declara viable o parque eólico de Inditex no porto exterior da Coruña

A Xunta formulou a declaración de impacto ambiental do proxecto parque eólico 'Porto exterior...

Mohamed Safa debulla o xenocidio de Gaza nunha nova conferencia na AC Alexandre Bóveda

Co recoñecemento da Rede Acampa pola Paz pola Defensa dos DDHH recén recollido, Mohamed...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here