InicioSUCESOSDetidos nos barrios de Xuxán e O Ventorillo dous homes por presuntas...

Detidos nos barrios de Xuxán e O Ventorillo dous homes por presuntas agresións sexuais

Publicada o

Por europapress

Un home foi detido na madrugada do sábado por unha agresión sexual a unha menor no barrio de Xuxán, na Coruña, segundo informan fontes policiais consultadas por Europa Press. O home permanece en comisaría á agarda de pasar a disposición xudicial. Os feitos ocorreron entre as 02.00 e 03.00 horas da pasada madrugada. En base ao relato policial, a agresión ocorreu supostamente no interior dun ascensor, tras o que a vítima conseguiu fuxir.

Pouco despois, o home, maior de idade, foi detido pola Policía Local nos arredores da rúa na que tiveron lugar os feitos. Puideron capturalo grazas á descrición dada polos veciños. Actualmente, permanece en dependencias da Policía Nacional, que se encarga da investigación. Está á agarda de pasar a disposición xudicial, o que previsiblemente non ocorrerá este sábado.

Tamén a Policía Local detivo na mañá deste sábado a un home no barrio do Ventorrillo, na Coruña, por un delito de agresión sexual. Segundo informaron fontes policiais, a detención, da que non transcenderon máis detalles, produciuse á primeira hora do día. O home foi entregado á Policía Nacional, que se encarga agora da investigación. Mentres, o detido permanece en dependencias policiais á agarda de pasar a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

A CIG denuncia unha agresión sexual a unha empregada do SAF de Arteixo e o Concello confirma activación do protocolo

O sindicato CIG denunciou este venres unha agresión sexual a unha traballadora do Servizo...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...