InicioA CORUÑA10.000 doazóns encheron de solidariedade a Casa dos Xoguetes

10.000 doazóns encheron de solidariedade a Casa dos Xoguetes

Publicada o

Por Redacción

Volveu demostrar a súa solidariedade a sociedade da Coruña que encheu de doazóns a Casa dos Xoguetes, ese espazo que permite darlle unha nova vida a milleiros de xogos, que sobran nunhas casas e faltan noutras.

Foron un total de 10.112 xoguetes os que se recolleron dende comezos de decembro, tendo que poñer o cartel de “pechado” na última semana no espazo habilitado na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) (Costa da Palloza, 8, en Catro Camiños).

Este exercicio de “economía circular na cidade”, xa entregou 8.837 xoguetes no punto de recollida e distribución, e quedaron reservadas 1.275 unidades para a súa inminente doazón a entidades benéficas (que se completará durante esta primeira quincena de xaneiro).

Ademais da actividade de recollida e repartición de xoguetes, a sede tamén acolleu, o pasado 3 de xaneiro, varios obradoiros infantís gratuítos, lúdicos e divulgativos, como o de xardinería sostible ou a actuación dun contacontos. Ao longo da xornada, participaron 117
nenos e nenas nas distintas actividades.

Máis novas

Guía para darlle unha segunda vida aos xoguetes que xa non usan as túas crianzas na Casa dos Xoguetes

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Adxudicado o novo equipamento de radioloxía do CHUAC

A Consellería de Sanidade publicou no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here