InicioA CORUÑAA Rolda Peonil dos Barrios avanza pola Sagrada Familia

A Rolda Peonil dos Barrios avanza pola Sagrada Familia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Rolda Peonil dos Barrios é un proxecto para cambiar a mobilidade da cidade, que pretende vertebrar os barrios altos da cidade a través dun pulmón verde sen coches, libre para ir a pé, en bici ou patinete. A Rolda Peonil ten como obxectivo unir o Parque de San Diego co Parque da Agra, onde xa comezaron as obras de acondicionamento do Xardín do Observatorio) pasando polos barrios da Gaiteira, Catro Camiños, Os Mallos, Sagrada Familia e Agra do Orzán, e dembocando na avenida da Habana para chegar a Riazor.

Un proxecto lanzado cando Juan Díaz Villoslada era o edil de urbanismo (2019-2022), baseado na Rolda dos Barrios que xa se estaba formulando, e enmarcado nun conxunto de estratexias e políticas coas que se pretendía mudar dunha forma substancial a forma de concebir a mobilidade na cidade, inspirándose en experiencias contrastadas doutras cidades: A Rolda Peonil, Cidade 30, a cidade dos 15 minutos, Bicicoruña e a rede de ciclovías, novos espazos públicos, carril-bus en Juan Flórez (do que se chegou a facer estudo de viabilidade e incluso proxecto constructivo a financiar con fondos Next e que está no caixón) e logo na rolda de Outeiro e mesmo en Alfonso Molina, reforma dos Cantóns, Santo André, renovación integral de todo o paseo marítimo, etc. eran todas pezas desta nova política urbana que tamén tiñan como guía os corredores verdes do Plan Busquets contidos no actual PXOM.

Neste mesmo marco urbanístico, o Concello integrouse na Rede de Cidades que Camiñan, participou na Rede de Cidades pola bicicleta, e se aprobou, aínda hai nada, unha nova Ordenanza de mobilidade. Un Plan que trataba de trasladar tamén aos barrios lonxe do centro, medidas de calidade urbana, dende unha preocupación pola saúde pública e o cambio climático.

Por onde vai a Rolda Peonil

Mapa da Rolda Peonil dos Barrios da Coruna
Mapa da Rolda Peonil dos Barrios

Así comezaron as obras de humanización no barrio da Gaiteira. Seguiu por Catro Camiños coa obras nas rúas Primavera e Alcalde Marchesi; foi subindo polos Mallos atravesando a Avenida de Arteixo a través das rúas Puga e Parga, e Ramón Cabanillas. E o proxecto anda xa pola Sagrada Familia, onde xa se traballou na rúa San Jaime, e onde se vén de inaugurar un treito da rúa que dá nome ao barrio.

De feito, este mesmo xoves unha cominitiva municipal vén de estrear o novo treito humanizado da rúa Sagrada Familia, entre as rúas Nosa Señora da Luz e San Xaime, onde se peonalizou unha superficie de 2.200 metros cadrados. Para acondicionala, o o Concello dispuxo case 30 novas árbores e 438 plantas, así como 24 bancos e 10 papeleiras. Un treito realizado pola empresa Construcciones Cernadas, que custou pouco máis de medio millón de euros.

Podes ver aquí o mapa por capas nesta ligazón.

Continuidade cara a Agra do Orzán

A Rolda terá continuidade pola Sagrada Familia tras a adxudicación das obras de humanización correspondentes ao segundo treito da rúa homónima e tamén de Antonio Carballo, cun investimento dun millón de euros.

Máis novas

O Concello da Coruña avanza nas obras do parque do Observatorio

Novos pasos da Rolda peonil da Sagrada Familia e do parque infantil cuberto do Ventorrillo

ÚLTIMAS

Unha moza de 20 anos ebria bate contra un muro co coche no paseo marítimo da Coruña e tenta fuxir a pé

Unha moza de 20 anos de idade que deu positivo en alcolemia bateu na...

O PP da Coruña ultima a súa romaría do Pino coa vista posta nas municipais de 2027

O PP provincial da Coruña prepara a oitava edición da súa romaría do Pino,...

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...

A Audiencia da Coruña acolle en xuño o xuízo co xurado pola morte de Yoel Quispe

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará do 1 ao 19 de xuño o xuízo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here