InicioMOV. SOCIAISMoblizacións no Hospital Santa Teresa por represión sindical de Quirón Salud

Moblizacións no Hospital Santa Teresa por represión sindical de Quirón Salud

Publicada o

Por Redacción

Se os sanitarios da pública póñense en folga, na privada tampouco está calmada a situación. Esta mañá, delegados e delegadas da CIG e persoal do Policlínico Santa Teresa da Coruña mobilizáronse este xoves no centro sanitario para rexeitar “a política de represión sindical” exercida por QuirónSalud.

“A persecución á representación da CIG ten a súa máis grave e recente expresión na sanción imposta á presidenta do comité e na sanción con despedimento disciplinario aplicada ao secretario, cando se atopaba ademais en situación de baixa médica”, denuncian dende a central sindical.

“Esta empresa, que fai negocio a conta da saúde, leva anos perseguindo as delegadas e delegados da CIG -que ten a maioría no comité do Hospital QuirónSalud da Coruña- co obxectivo de silenciar e rematar con quen poida ser testemuña de calquera práctica que priorice o rendemento económico fronte á calidade asistencial”, denuncia o responsábel de sanidade privada da CIG-Saúde, Miguel Tizón.

Tizón lembra que a actividade sindical derivou na imposición de sancións ao hospital por parte da Inspección de Traballo e en condenas xudiciais por diversas materias. “Estas son as verdadeiras razóns polas que QuirónSalud quere rematar coa CIG nos seus centros”, reitera Tizón.

mobilizacion represion Quiron_CIG_09

Máis novas

Os médicos convocan folga indefinida dunha semana cada mes, para reclamar un estatuto propio

ÚLTIMAS

Down Coruña fai historia asinando primeiro contrato de aluguer para tres dos seus usuarios

Pedro, Carlos e José Manuel son os primeiros membros da familia de Down Coruña...

Abertas as inscricións para os novos cursos da Escola da Bici

Xa están abertas as inscricións para os novos cursos da Escola da Bici, que...

O artista naronés Lode versiona o seu éxito “Malo Será” en clave deportivista

Novo temazo en clave branquiazul. O artista e bailarín naronés Lode vén de adaptar...

CoruJazz trae a Jordi Farrés ao Fórum no seu terceiro evento

A Asociación Cultural CoruJazz invita a un novo concerto que se vai celebrar o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here