InicioBARRIOSOs cursos do Fórum e do Ágora seguen sen data de inicio...

Os cursos do Fórum e do Ágora seguen sen data de inicio ante a indignación de profesorado e alumnado

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa a incerteza arredor dos cursos Culturais do Programa de Lecer do Fórum e o Ágora. Tralo rescate a medias anunciado a semana pasada, nin os 47 profesores nin os case 3.000 alumnos teñen novidades sobre cando e como comezarán uns cursos, a estas alturas os anos pasados xa estaban pola segunda ou terceira semana de funcionamento.

Os educadores e educadoras que imparten os cursos aínda non teñen información de nada, nin de como serán os cobros, os pagos da débedas de Serviplús, nin de cando comezan os cursos. De feito, xa mantiveron unha reunión este mércores na que perfilaron un posible calendario de mobilizacións.

Esta vindeira semana estudiarán a posibilidade de acodir á vía legal (coa dificultade de ter distintas situacións contractuais) así como realizar unha concentración, posiblemente o 2 de febreiro, para seguir facendo comunidade e implicar ao alumnado na defensa deste importante servizo municipal.

”Club de Viaxes

En paralelo, onte celebrouse unha nova reunión para falar da posta en marcha “oficialmente” do Club de Viaxes Forum Agora (https://viajesforumyagora.blogspot.com/). Unha alternativa, sen demasiadas modificacións, para seguir realizando unhas viaxes que levan 18 anos funcionando sen problemas, e que permite que o alumnado poida realizar unha viaxe extraoficial como peche de curso. “O club é un grupo de persoas cun intese común que busca reunirse para compartir afeccións”, explican.

Tras estudiar as propostas de varias Axencias de Viaxe da cidade para visitar Escocia este verán, a escollida foi a de CiberViaxes, que se porá en contacto co alumnado para ofrecer o seu paquete.

Non ficaron alleos os participantes na reunión á problemática co profesorado, e de feito, varios realizaron unha recollida de sinaturas, que asinaron os 90 asistentes solicitando unha reunión coa Directora do IMCE, para que lles informe sobre os pagos ao profesorado, as solucións para poder continuar co programa e para coñecer cal é a data de comezo dos talleres.

Máis novas

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

Confirman a viabilidade, extraoficial, das viaxes culturais de fin de cursos do Fórum e do Ágora

ÚLTIMAS

Meu volve pasalo ben

Grandes novas neste 2026 para a escea musical coruñesa. Volve Meu (@meudtheband. Aquela banda...

Unha colisión entre un camión e un turismo deixa unha persoa ferida en Arteixo

Un accidente de tráfico rexistrado a primeira hora da mañá deste venres na parroquia...

Detido na Coruña un dos pederastas “máis buscados” que atacou a un axente cun coitelo

A Policía Nacional detivo na Coruña a Daniel V. P., un pederasta incluído na...

50 anos da senlleira A.C. Alexandre Bóveda

A día de hoxe é a Asociación Cultural máis viva da Coruña, a que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here