InicioCULTURA"Non queremos a Manuel Fraga como Fillo Adoptivo da cidade nin da...

“Non queremos a Manuel Fraga como Fillo Adoptivo da cidade nin da provincia”

Publicada o

Por Redacción

O Pleno da Deputación da Coruña distinguía a Manuel Fraga Iribarne como Fillo Adoptivo da provincia o 27 de novembro de 1965. En Betanzos Fraga dá nome a unha avenida e recibía a Medalla de Prata o 11 de febreiro de 1966. Manuel Fraga Iribarne recibía o título honorífico de “Fillo Adoptivo” da Coruña o 24 de decembro de 1968.

Todas estas distincións foron entregadas cando era ministro da ditadura e participaba na represión criminal, pero dende entón, malia ter pasado máis de 50 anos, non houbo ningunha administración (agás o concello de Ferrol en 2019, o de Cedeira en 2020 e o de Cariño en 2025) que se atrevese a eliminalas, evitando cumplir a Lei de Memoria Histórica.

Ante esta inacción, “a persoas que sufrimos a represión da ditadura –presas e presos políticos, familiares de vítimas do franquismo– queremos manifestar tolerancia cero co franquismo porque cando se van cumprir 50 anos do pasamento do ditador Franco, asistimos a unha ofensiva das forzas da dereita e ultradereita, todas con raíces franquistas, que poñen en perigo a democracia e as conquistas sociais. Ningún ministro de Franco pode seguir mantendo distincións honoríficas polos servizos prestados a unha ditadura criminal, que era cualificada así na Resolución 96 da Asemblea Xeral da ONU de 12 de decembro de 1946: En natureza, estrutura e conduta xeral, o réxime de Franco é un réxime de carácter fascista, establecido en gran parte grazas á axuda recibida da Alemaña nazi de Hítler e da Italia fascista de Mussolini”.

Por iso, un colectivo formado de 44 presas e presos políticos galegos na ditadura, co apoio de 63 historiadoras e 56 entidades de toda Galicia, levan dende 2018 promovendo o manifesto “NON QUEREMOS AO “CAMARADA FRAGA” COMO FILLO ADOPTIVO. Anteriormente, a CRMH da Coruña promovía en 2009 o manifesto “Os tempos son chegados. Pola retirada da simboloxía franquista da Coruña e as distincións honoríficas a Franco e a todos os ministros da ditadura”.

Acto no Circo de Artesáns

Así, este venres 30 de xaneiro, ás 19:30h, no Circo de Artesáns, realizarán un acto presentado por Isa Risco e Fernando Morán.

Outras novas

Unha guía para seguir o rumbo dos deportados coruñeses aos campos nazis

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

Elementos franquistas continúan na Coruña, denuncia a Comisión pola Memoria que pide a súa retirada inmediata

Chisco Fdez. Naval: “Meus fillos tiñan que saber”

ÚLTIMAS

A Coruña e Santiago crearán un grupo de traballo sobre vivenda para reclamar a Xunta os fondos estatais para as Zonas Tensionadas

As alcaldesas da Coruña, Inés Rey (PSOE), e de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín...

Trinidad Palacios será a candidata de Sumar Galicia para liderar a coalición de esquerdas nas municipais

Vaise movendo a esquerda herculina de cara ás eleccións municipais de maio de 2027,...

Evoluciona favorablemente o home ferido por gardas civís tras atacalos con petardos e un arma branca en Oleiros

Un home resultou ferido por arma de fogo na localidade coruñesa de Oleiros tras...

As campañas de protección recuperan o 60% da superficie ocupada pola unlla de gato no ENIL da Torre

Fundamental o proxecto que lidera o Grupo Naturalista Hábitat para o Concello da Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here