InicioMOV. SOCIAISMultitudinario acto feminista na Fábrica sobre o Patronato de protección a la...

Multitudinario acto feminista na Fábrica sobre o Patronato de protección a la mujer franquista

Publicada o

Por Redacción

O auditorio da Fábrica quedou pequeno este sábado ante a grande afluencia de persoas que quixo participar no acto central do Concello de Oleiros polo 8-M.

O coloquio, no que se informou e denunciou os crimes contra as mulleres cometidos no Patronato de protección a la mujer entre 1941 e 1985, foi un acto cheo de feminismo, memoria, humanidade, verdade, emoción, loita, antifascismo, xustiza…

8M en Oleiros mulleres

As reveladoras testemuñas de Consuelo García del Cid Guerra, María Dolores Gómez Benito, Francisca Blanco Díaz, Salomé da Torre, así como os datos aportados pola investigadora Belén López Cillero sobre esta institución franquista que perduorou durante os primeiros anos de democracia; fixeron deste coloquio unha xornada extraordinaria e digna de divulgar entre a cidadanía. O acto estivo conducido pola xornalista Mayte González Trillo.

A CGT homenaxeou na Agra do Orzán ás vítimas do franquista “Patronato de Protección de la Mujer”

ÚLTIMAS

O pleno de setembro volveu amosar a confrontación entre PSOE e BNG

Desenvólvese esta mañá de xoves 10 de setembro un novo pleno no pazo de...

A ANPA do IES Zalaeta: “ É un pulso que nos bota a Xunta”

Seguen en loita as familias do IES Menéndez Pidal de Zalaeta, vendo como o...

CCOO, CIG, UGT e USO boicotean a inauguración do Gadis de Monte Alto esixindo un desbloqueo ao convenio da alimentación

Inaugurábase esta mañá o Gadis de Monte Alto por todo o alto despois de...

30 anos da catástrofe do vertedoiro de Bens

Pasaron 30 anos daquel 10 de setembro de 1996. Moitos lembramos aínda ese cheiro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here